Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de septiembre de 2020

Xuventude abre o prazo de inscrición para os locais de ensaio

As solicitudes deste servizo municipal de balde, que retomou a súa actividade con todas as medidas necesarias para evitar contaxios, poderán realizarse a partir de mañá e até o día 25 deste mes

O Concello da Coruña, a través da área de Xuventude, abre un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas semanais para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio municipais. Desde mañá, 7 de setembro, e até o día 25 deste mes poderá solicitarse sempre e cando a metade do grupo sexa menor de 30 anos e se o 50% da agrupación acredita vivir ou cursar estudos actualmente na cidade. Estes son os dous únicos requisitos para desfrutar das dúas horas semanais de ensaio por grupo. Os impresos poden descargarse no portal web www.locaisdensaio.blogspot.com e as olictudes poden enviarse ao correo electrónico xuventude@coruna.es

Este servizo municipal retomou a súa actividade a comezos de xullo cunha serie de medidas a prol da seguridade das persoas usuarias, que deben seguir un protocolo ideado para previr contaxios:

- Toma de temperatura antes do acceso.

- A capacidade máxima de cada sala está rebaixada para asegurar un mínimo de 4 m² a cada integrante dos grupos.

- As salas, e os equipos dos que están provistas, desinféctanse logo de cada sesión de ensaio.

Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña, ubicados nos baixos do Coliséum, contiguos á Sala O Túnel, son un servizo de balde dirixido á mocidade da nosa cidade para que teña espazos axeitados onde expresar a súa creatividade e as súas inquedanzas musicais.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión