13 de outubro de 2020
O Concello da Coruña e a unión de cooperativas EspazoCoop teñen asinado un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa "Emprendemento e divulgación da economía social", conformado por un conxunto de accións que buscan apoiar o cooperativismo na cidade da Coruña.
Este programa conta con tres liñas de intervención - acompañamento para re-inicio de actividades: asesoramento e acompañamento, tanto a cooperativas en marcha como a grupos de personas promotoras para agrupar servizos, recursos e investimentos - asesoramento económico e financeiro: asesoramento especializado na área de financiamento, con foco na banca ética e de base cooperativa, para entidades de economía social e solidaria - teleformación: hai programados dous cursos. O primeiro, "A Coruña emprende en cooperativa", do 9 ao 25 de novembro, e o segundo "Da idea á cooperativa. A Coruña emprende", do 1 ao 18 de decembro.
Toda a información do programa "Emprendemento e divulgación da economía social" neste enlace https://espazo.coop/novas-do-coperativismo/economia-social-a-coruna-2020/
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible