30 de xuño de 2020
Do 1 de xullo ao 31 de agosto, a apertura para as visitas será de 10.00 a 20.00 horas. Non se poderá acceder máis tarde das 19.00 horas A Casa das Ciencias e a Domus aínda permanecen pechadas
O Aquarium recibirá visitas desde mañá en horario de verán até o 31 de agosto, isto é, de 10.00 a 20.00 horas. Non se poderá acceder máis tarde das 19.00 horas. Ademais, será preciso reservar a entrada co fin de facilitar o control de acceso dun máximo de 30 persoas cada 20 minutos. Unha vez dentro das instalacións, a visita terá unha duración ilimitada. A reserva deberá realizarse por internet, con até 3 días de antelación, a través da ligazón https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/
Poderán reservarse un máximo de 5 pases por persoa e as/os solicitantes elixirán o día e o tramo horario, segundo a dispoñibilidade do museo.
Todas as persoas que visiten a Casa dos Peixes deberán gardan unhas normas de seguridade, como usaren en todo momento e de forma obrigatoria a máscara e manteren a distancia de dous metros coas e cos visitantes que non convivan. Tamén evitarán tocar calquera obxecto ou superficie, así como os elementos interactivos do museo que permanecen deshabilitados.
Polas súas características, o acceso á sala Nautilus poderá organizarse puntualmente en quendas de 20 minutos en grupos de tamaño reducido e sempre acompañadas/os por unha persoa do centro.
Para compensar estas restricións, o prezo da tarifa reducirase dos 10 aos 4 euros.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible