21 de febreiro de 2020
Jesús Celemín destacou a importancia que teñen este tipo de experiencias e convidou a comunidade educativa a gozar “dunha cidade aberta e acolledora”
O concelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín, recibiu esta mañá no salón de plenos de María Pita un grupo de estudantes e profesoras e profesores do programa Erasmus+ KA2 no que participa o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha en colaboración con outros colexios de República Checa, Lituania, Italia, Croacia e Portugal, e no que a lingua vehicular é o inglés. O programa, cunha duración de dous anos escolares e dirixido a alumnado de 1º e 2 º da ESO, ten como obxectivos o estudo da auga e a mellora das competencias en linguas estranxeiras. Á recepción asistiron 53 persoas (40 alumnas/os e 13 profesoras/es) dos 6 países que coordinan esta iniciativa.
O edil de Educación valorou e agradeceu "o esforzo do profesorado para desenvolver este tipo de experiencias e intercambios tan importantes no crecemento persoal do alumnado". Jesús Celemín deulles a benvida ao concello e convidounos a gozar "dunha cidade aberta e acolledora".
O proxecto, que leva por título "W.A.T.E.R. in other ways", céntrase en distintas actividades para concienciar a comunidade educativa sobre a importancia do uso da auga. Ademais, o programa inclúe visitas a todos os países participantes, polo que o curso pasado o alumnado coruñés xa visitou Cerdeña, Melc (República Checa) e Lisboa. Este curso xa estiveron en Vinkovci (Croacia) e a última estancia será en Lituania.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible