Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2020

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición para os programas de formación en liña no marco do PRESCO

O Goberno local pon ao dispor das persoas rexistradas que non conten con medios tecnolóxicos unha aula con ordenadores e asistencia técnica para poder realizalas

Pódese consultar máis información e inscribir en www.formacionlinepresco.com

O Concello, a través da Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, lanza unha oferta de 50 accións formativas en liña con preto de 3.000 prazas gratuítas para facer fronte ás consecuencias socioeconómicas xeradas pola pandemia. O prazo de inscrición para este programa de formación, impulsado no marco do Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO), comeza hoxe ás 10.00 h e rematará o 31 de outubro cando se esgoten as prazas dispoñibles.

O Concello pon ao dispor das persoas rexistradas que non conten con medios tecnolóxicos unha aula con ordenadores e asistencia técnica para poder realizar as acción formativas elixidas.

A alcaldesa lembrou que o Concello vén de "ampliar a campaña dos bonos de desconto do Plan de reactivación económica e social ata o 31 de decembro co obxectivo de que o pequeno comercio e a hostalaría poida seguir beneficiándose desta iniciativa da que xa forman parte máis de 700 establecementos e máis de 24.000 particulares" e, asegurou, "no PRESCO tamén se inclúen partidas orzamentarias para a formación da cidadanía, con esta medida destinada ás persoas desempregadas, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras temporais que busquen mellorar o seu emprego".

A concelleira de Emprego, Eva Acón, explica que "a situación actual na que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos".

Os requisitos para realizar esta formación son ser maior de 16 anos e estar empadroado/a no Concello da Coruña.

A maioría das accións formativas pódense realizar mesmo no teléfono móbil. Cada persoa poderá seleccionar dúas accións formativas de calquera das áreas de especialización: idiomas, ofimática, informática, márketing, administración de empresas ou prevención de riscos laborais.

As accións formativas estarán dispoñibles para se realizaren desde o día da inscrición até o 6 de decembro cunha forma integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día e calquera día da semana.

Documentos:

Información detallada da formación online PRESCO outubro 2020 (141 KB)

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión