7 de xaneiro de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, asegurou que “o hostal que lles ofrecemos desde o inicio da pandemia ás persoas que viven na rúa está completo” e “coas baixas temperaturas que estamos sufrindo estes días vemos moi necesario activar un dispositivo de frío para hospedalas”
O Concello abrirá ás 20.00 h desta tarde o Centro Cívico municipal dos Mallos para acubillar as persoas sen fogar da cidade. A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, asegurou que "o hostal que lles ofrecemos desde o inicio da pandemia ás persoas que viven na rúa está completo" e "coas baixas temperaturas que estamos sufrindo estes días vemos moi necesario activar un dispositivo de frío para hospedalas". O servizo estará habilitado, polo menos, até o vindeiro luns ás 9.00 h.
A alcaldesa, Inés Rey, apuntou que "o Concello da Coruña está preparado para as demandas veciñais dunha terceira onda, levamos tempo traballando sobre este posible escenario" e, neste caso, "decidiuse poñer en marcha unha medida dirixida á poboación máis vulnerable da cidade para combater o frío extremo que teremos nos vindeiros días".
Desde a concellería sinalan que no centro cívico municipal cumpriranse todas as medidas hixiénicas e de seguridade para evitar contaxios da Covid-19. Ademais, faráselles a todas as persoas que accedan un cribado básico de control da temperatura e sintomatoloxía do coronavirus. O servizo incluirá un espazo para pernocta e aseo, almorzo e cea.
Deportes
10 resultados
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
O 6 de feb de 2024
O campo quedará terminado esta semana e desde o sábado poderanse xogar alí os primeiros partidos
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible