Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2021

O Concello abre o prazo para presentar solicitudes ás bolsas comedor do próximo curso

Cunha partida inicial de 2.050.000 millóns de euros, a cifra máis alta da historia destas axudas, o Goberno de Inés Rey pretende darlles cobertura ás familias máis vulnerables, polo que obterán a máxima puntuación aquelas beneficiarias de subsidios por desemprego, Ingreso Mínimo Vital, RISGA e Renda Social Municipal

A Concellería de Igualdade abre desde hoxe até o 30 de abril o prazo para presentar as solicitudes ás bolsas comedor do próximo curso,  para as que o Goberno de Inés Rey destinará 2.050.000 millóns de euros. Deste xeito, o Concello parte da cifra máis alta na historia destas axudas para lles dar cobertura ás familias máis vulnerables. Como novidade na convocatoria 2021/2022 obterán a máxima puntuación as persoas solicitantes que reciban o Ingreso Mínimo Vital ou un subsidio por desemprego, ademais das beneficiarias da RISGA ou da Renda Social Municipal, que xa foron incluídas o ano pasado. Ademais, establécese un novo rango de valoración para aquelas que estean nunha situación de risco como consecuencia da pandemia, ben sexa porque están no paro, en ERTE ou en cesamento de actividade.

Por outra parte, a Renda Per Cápita máxima para ter acceso ás bolsas ampliouse dos 7.000 aos 8.000 euros e no referente á tramitación, formouse o persoal traballador para evitar que as familias se encontren con que lles faltan documentos necesarios. Con este fin reforzáronse tamén os puntos de atención con catro persoas auxiliares en María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Novo Mesoiro, que se dedican en exclusiva a esta competencia, da que se pode recibir información no 010 ou a través dos Equipos de Atención Especial. Previamente, realizáronse reunións en colexios, coas ANPA e as entidades sociais para daren coñecer o contido das subvencións, que engloban o estudantado de educación infantil, primaria e secundaria, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos e situados no termo municipal da Coruña.

Os impresos están dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos, na web municipal e a través da sede electrónica. A solicitude irá a nome da alumna ou do alumno que vai usar o comedor escolar e poderá presentarse, xunto cos anexos e o resto de documentación, tras pedir cita previa, nos rexistros municipais ou por vía telemática. Todas as listaxes que se publiquen ao respecto identificarán a persoa beneficiaria atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión