Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2020

O concello agradécelles ás familias das vítimas da represión franquista que participasen na mostra “As pequenas cousas”

O concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, presentou o catálogo-carpeta que editou o concello e que inclúe as fotografías, textos e obxectos da exposición en formato postais

O concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, inaugurou esta mañá no Fórum Metropolitano a mostra "As pequenas cousas", producida polo Museo do Pobo Galego, o proxecto Mapas de memoria e o Centro Internacional de Estudos de Memoria e Dereitos Humanos (CIEMDH) da UNED. Trátase dunha exposición composta de obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas e silenciadas polo franquismo, "de como a súa lembranza logrou permanecer nestes obxectos". No acto participaron, ademais, Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, e unha representación das asociacións que colaboraron no proxecto que investiga desde hai dez anos os diferentes xeitos de violencia de posguerra, así como o proceso de transmisión dunha memoria traumática.

O concelleiro agradeceulles a todas as familias das vítimas da represión franquista que participan nesta exposición, "que compartisen connosco esa parte tan íntima da súa dor, das súas pequenas cousas".

Para Celemín, a exposición é un exemplo de como "obxectos que sen ser relevantes, na súa aparencia insignificantes, son obxectos que se nos detemos durante un minuto diante deles, son capaces de romper o seu silencio e gritarnos de súpeto o triste final das súas donas e donos, de contarnos a verdade amarga dun destino, de describir as pinceladas dunha España gris, sen música, sen liberdade de ideas".

A mostra recolle obxectos recuperados de cárceres ou paredóns, de petos e carteiras, ocultos nos lugares máis profundos dunha casa ou atopados en exhumacións contemporáneas. Tamén figuran algúns conservados nos expedientes persoais dos arquivos da represión. Para inaugurar na Coruña esta exposición, o concello editou un catálogo-carpeta que inclúe as fotografías, textos e obxectos da mostra en formato postais.

A exposición que a Concellaría de Educación e Memoria Histórica presenta no Fórum Metropolitano recolle unha parte destes materiais da memoria en imaxes de gran formato acompañadas de diferentes testemuñas, e outra parte en vitrinas que atesouran unha das tres historias galegas que se atopan na mostra e que, grazas ao traballo do Museo do Pobo Galego, se suman ao amplo estudo realizado polo proxecto Mapas de memoria.

A listaxe de obxectos que se incorporan á mostra é variada nas formas en que recolle a memoria da represión: unha reprodución do retrato que lle realizou o arquitecto Jordi Tell ao artista Mario Granell no cárcere da Coruña; unha fotografía de voda de Dolores Lema Lema e Florentino Canosa Barreiro, obreiro de Carburos Metálicos, fusilado con outros sete compañeiros na Coruña no 1936; o po de arroz ou o carmín das irmás compostelás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, "As Marías", símbolos da resistencia á represión franquista; ou uns botóns de puño de esmalte que pertenceron a José Rodríguez Silvosa, xastre de Lugo asasinado no ano 1938, extraídos na exhumación de Castroncelos (Pobra do Brollón).

A exposición estará na Coruña até o 28 de novembro e poderá visitarse de luns a venres das 17.00 ás 20.00 horas e os sábados das 11.00 ás 13.00 horas.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión