Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2021

O Concello amplía aos domingos a peonalización de San Andrés

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que das 10.00 ás 21.00 horas, a cidadanía será protagonista dunha rúa que se está reactivando grazas a esta iniciativa Esta medida coincide coa apertura esta fin de semana do peirao de Transatlánticos

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá a ampliación aos domingos do peche do tráfico rodado en San Andrés co fin de que a veciñanza desfrute do bulevar sen a irrupción dos coches e impulsar de paso o comercio e a hostalaría dunha zona que brillou noutrora e que se está reactivando grazas a esta iniciativa. Tras comprobar o éxito de peonalizala os sábados pola tarde, amplíase nesta xornada o horario das 16.30 até as 21.00 horas e esténdese a medida aos domingos de 10.00 a 21.00 horas nunha aposta por crear máis espazos públicos e que as persoas sexan protagonistas.

Neste aspecto, coincidirá coa apertura este sábado do peirao de Transatlánticos á cidadanía: "Os coruñeses volveremos ver a cidade deste este peirao 20 anos despois. É unha gran nova que celebramos desde o Concello e que levabamos pedindo desde hai moitos meses".

Canto a San Andrés, o Goberno de Inés peonalizouna por primeira vez con motivo do Día sen Coches no pasado mes de setembro, e seguiuno facendo durante os sábados seguintes despois de que tanto veciñas/os como comerciantes comprobasen que a rúa recuperaba o ambiente que tiña no pasado. Desta forma, esta medida provisional será a antesala dunha gran reforma en que San Andrés se converterá nunha espiña dorsal sobre a que se asentará un modelo de espazo público diverso, compacto e socialmente cohesionado. A humanización desta rúa conseguirase gañando metros cadrados para a estancia e o lecer, reforzados con mobiliario urbano e árbores, así como impulsando o seu carácter comercial.

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión