Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
10 de xullo de 2020
O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, abordou esta mañá coas persoas integrantes da Mesa a rehabilitación da Casa Veeduría, e outras actuacións incluídas no plan autonómico.
O Concello abordou esta mañá na Mesa da Cidade Vella realizada no Centro Cívico os proxectos que o Goberno local pretende poñer en marcha a través do plan autonómico área Rexurbe. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, informoulles ás persoas integrantes da mesa que a Xunta declarou o mes pasado a área Rexurbe da Coruña para a Cidade Vella e o eixo Orzán- Panadeiras, cuxo obxectivo é a recuperación de zonas e inmobles degradados. Para iso, concederanse axudas para a rehabilitación e tamén está previsto que se merque algún edificio ou soar en ruínas para a súa rehabilitación e futura venda o alugueiro. O concello calcula que nesta área existen 519 edificios, e 73 atópanse en estado deficiente o ruinoso.
Villoslada sinalou que a área Rexurbe, que está recollida no plan director do concello para revitalizar o centro histórico, ten como obxectivo mellorar as condicións económicas e sociais das persoas residentes no barrio. O Concello terá agora que elaborar un plan de dinamización que contará coa participación de todos os axentes implicados na revitalización do casco antigo, e recollerá as medidas previstas, o seu custo e o financiamento para levalas a cabo. O edil explicou que o plan de dinamización deberá ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, como paso previo ao inicio de actuacións nesta área.
Doutra banda, durante a reunión, o edil anunciou que a rehabilitación da Casa Veeduría, antiga sede do Goberno Militar, é un dos proxectos que pretende desenvolver o concello na área Rexurbe. O obxectivo principal da actuación- rehabilitación para dotar o espazo de distintos usos- persegue apoiar a revitalización do conxunto histórico da Cidade Vella, mediante espazos en que poidan levarse a cabo actividades de carácter público destinadas á súa poboación, co fin de facilitar a súa permanencia, ou como atractivo para o seu futuro incremento. O edificio, que se atopa na actualidade cedido polo Ministerio de Cultura ao concello para usos sociais e culturais, ten unha superficie de 3.600 metros cadrados e alberga o centro cívico da Cidade Vella.
No proxecto, está previsto que a planta soto albergue un comedor e un centro de día para persoas maiores cun acceso independente adaptado pola rúa Damas. Na planta baixa, ampliaranse as instalacións do centro cívico e habilitarase unha sala de exposicións, unha área de descanso, zona de xogos-hemeroteca para a cativada. A primeira planta acollerá novas salas e espazos destinados a estudantes da Universidade, un pequeno auditorio e novas salas para "coworking".
A reforma do edificio contempla tamén un espazo para albergar a Oficina Municipal de Rehabilitación, que pasará a ser a Oficina de Rexeneración Urbana, encargada de xestionar a área Rexurbe, e a ampliación dos despachos na segunda planta.
O proxecto conta cun orzamento de licitación de 2.475.494 de uros, dos que o 52% (1.287.257 euros) se solicitou ao Ministerio de Transportes para o financiamento de traballos de conservación de bens inmobles do Patrimonio. O Goberno local prevé que en setembro se poida licitar o proxecto para poder comezar a súa redacción en xaneiro do 2021.
Economía, Facenda e Réxime interior
23 resultados
O 14 de xan de 2021
Lage informou de que o Goberno local leva aprobadas a día de hoxe 2.464 axudas, o que supón un importe de 5.394.873 euros, e que foron transferidas xa 1.946 solicitudes, un 79% do total. O voceiro do Goberno Local anunciou que o contrato para o servizo de bibliotecas municipais vaise licitar este mes por un prazo de dous anos máis outro prorrogable e un importe de 2,6 millóns de euros.
O 13 de xan de 2021
Lage Tuñas defende a necesidade dun plan de rescate á hostalaría por parte da Xunta Na reunión estiveron presentes as e os responsables das principais asociacións dos sectores afectados e as e os voceiros de todos os grupos municipais Coinciden en demandaren o mantemento das axudas económicas e valoran positivamente o funcionamento dos Bonos PRESCO no comercio
O 12 de xan de 2021
José Manuel Lage Tuñas destacou a aposta de Inés Rey polo diálogo como ferramenta de primeiro nivel político para chegar a acordos en beneficio da cidade: “A defensa dos intereses da cidade e o diálogo como ferramenta política son dous piares fundamentais no mandato 2019-2023”
O 4 de xan de 2021
Autorizáronse axudas directas a autónomos e pequenas empresas por valor de 5,1 millóns de euros. O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, presentou hoxe o balance de execución do PRESCO que se salda con preto de 11 millóns de investimento e unha porcentaxe de execución do 82%.
O 30 de dec de 2020
A Deputación da Coruña anunciou o pasado mes de novembro esta achega ao Plan de reactivación económica e social da Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que o Concello da Coruña foi o primeiro en habilitar e conceder axudas directas dirixidas ás persoas autónomas dos sectores do comercio e da hostalaría, que poden chegar até os 6.000 euros por persoa.
O 25 de dec de 2020
As persoas consumidoras destes bonos remataron os 355.000 euros de financiación máxima antes do prazo ampliado, o 31 de decembro de 2020 O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, asegura que “as cifras falan por si mesmas e os resultados dos Bonos do PRESCO están sendo un éxito” e, di, “o tecido cultural da cidade da Coruña conta xa con 355.000 euros de financiación por parte do Executivo local”
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible