Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2021

O Concello analiza novas vías de colaboración coas salas de concertos da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse hoxe coas persoas responsables das sete salas de concertos da Coruña para faceren balance do ciclo, que cualificou como “un éxito que avala que sigamos camiñando xuntos”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita as persoas representantes das Salas de Concertos da cidade -Playa Club, Inn Club, Sala Pelícano, Mardi Grass, Filloa Jazz, Garufa Club, e Sala Filomatic- para faceren balance do ciclo Salas Abertas, que rematou o pasado domingo. "Por primeira vez o Concello e as Salas de Concertos da Coruña desenvolveron un proxecto cultural xuntos e o resultado foi moi satisfactorio", indicou Inés Rey, que remarcou con datos o éxito da proposta: "En Salas Abertas participaron todas as salas de concertos da cidade, sete, e realizaron 21 concertos de estilos variados que se emitiron en streaming de alta calidade, ademais doutros 63 clips de cancións. Subiron ao escenario 59 músicos/as coruñeses/as e traballaron tamén arredor de 30 persoas como técnicos de imaxe e son. Todo isto traduciuse en máis de 9.000 visionados só nas redes do Concello, a maiores dos das propias Salas".

Así mesmo, durante a reunión, as/os representantes municipais dialogaron co persoal responsable das salas de concertos para avaliaren a presente situación e concretaren tamén vías de colaboración nos meses máis inmediatos, para o cal o Concello ten toda a predisposición e xa leva semanas barallando opcións, dentro da súa política de apoio ao tecido cultural da cidade. "O Concello apoia as/os representantes das salas nas súas demandas de axudas por parte doutras administracións", apuntou Rey.

O programa Salas Abertas contou cun patrocinio de 110.000 euros do Consorcio de Turismo e contou coa coordinación da Área de Cultura, que, como sinalou a alcaldesa, "cumpriu o obxectivo prioritario de lanzar unha axuda ás salas da cidade nun momento de dificultades por mor da pandemia, pero ademais tamén serviu para apoiar a músicos e técnicos, á vez que se difundía a ampla oferta das bandas e artistas locais".

Inés Rey aproveitou a xuntanza para anunciarlles ás persoas responsables das Salas a intención municipal de "seguir traballando xuntos na actualidade así como a medio prazo".

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión