Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2020

O Concello anuncia a cancelación da cerimonia da Función do Voto

Sinala que, ante a situación do Estado de Alarma provocado pola COVID-19, na que se restrinxe a celebración de actos públicos e cerimonias de carácter civil, cancélase esta cerimonia tradicional

O Concello da Coruña anuncia que ante a situación de estado de alarma provocado pola COVID-19, na que se restrinxe a celebración de actos públicos e cerimonias de carácter civil, cancélase a cerimonia tradicional da función do voto.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, ante a imposibilidade de levar a cabo este acto, quere trasladar unha mensaxe a todos e todas os coruñeses e coruñesas que, de xeito simbólico, representa o espírito do acto que non se vai celebrar. "Hoxe sufrimos un asedio máis temíbel, se couber, que o de 1589. O inimigo de hoxe é tan perigoso como o de aquela, e está igual de presente, aínda que non o vexamos, polo que fai máis difícil defenderse. As coruñesas e os coruñeses debemos mostrar hoxe a mesma carraxe que demostramos hai 431 anos, cando fomos quen de non sucumbir perante un inimigo que atacou a cidade. Desta vez, a defensa virá da prudencia, da distancia social, da protección, da hixiene e do coidado, de seguirmos as normas que farán que todos xuntos, como daquela, tamén gañaremos esta batalla e a vida volverá encher as nosas rúas, o espazo da cidadanía".

Neste senso, "Renovamos hoxe, discretamente, o voto de 1589. A saúde e o benestar de todos, a prosperidade da Coruña, depende, máis que nunca, da cidadanía toda, da responsabilidade de cada unha e de cada un. Esa é a nova María Pita á que seguir para vencer á COVID e podermos celebrar solemnemente a función do voto canto antes" apuntou a alcaldesa.

A función do voto lembra aquela xesta acontecida o 14 de maio de 1589, dez días máis tarde da chegada de máis de cen navíos e de máis de 20.000 homes dispostos a invadir a cidade, onde daquela se situaban as murallas, nun lugar non lonxe do actual Palacio Municipal de María Pita, unha muller valente, María Pita, foi quen de cambiar o curso da historia da cidade, que sufría o acoso da escuadra de Francis Drake. Desde aquela, nunhas datas ou noutras, estableceuse na cidade a función do voto, que lembra aquela xesta e serve como sinal de recoñecemento á que agora é patroa da cidade, a Virxe do Rosario, perante quen algúns coruñeses "formularan o voto" días antes da derrota dos invasores que comezou coa xesta de María Pita en loita co abandeirado inglés.

Aínda que a función do voto se comezou a celebrar no mesmo século XVI, non foi ata 1999 que o concello decidiu establecer que se celebrase o día 14 de maio, se coincidir ese día domingo, ou o domingo anterior noutro caso.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión