Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2020

O concello anuncia un novo calendario fiscal coa ampliación de prazos para o pago de impostos e taxas

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que con este primeiro paquete de medidas fiscais tratan de paliar consecuencias económicas do confinamento

A alcaldesa, Inés Rey, realizou esta mañá por videoconferencia un balance de todas as medidas adoptadas polo Goberno local desde que se declarou a situación de emerxencia e o conseguinte estado de alarma e anunciou unha serie medidas fiscais de cara a afrontar o impacto do Covid-19. A rexedora repasou o acordado nas áreas de Seguridade Cidadá, Benestar Social, Urbanismo, Mobilidade e Medio Ambiente de cara a garantir a salubridade da cidadanía e sinalou que, até o de agora, a Policía Local rexistrou 109 denuncias a veciñas/os que desatenderon as normas decretadas polo Goberno central. Engadiu que, se ben nos primeiros días as e os axentes realizaron un labor de advertencia e información, nestes días están sancionando a todas aquelas persoas "que pretenden saltar o estado de alarma" dun xeito egoísta e insolidario.

Este primeiro paquete de medidas ten como finalidade tratar de paliar unha pequena parte da crise económica que se deriva deste confinamento. Canto á presentación de declaracións e autoliquidacións, para estas últimas ampliarase o prazo de pagamento até o 30 de abril se o anterior se realizou antes do 14 de marzo e, se foi posterior, as e os coruñeses deberán aboar a contía correspondente até o 20 de maio. Sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía), o prazo para presentar as declaracións devindicadas (*devengadas) con anterioridade ao 14 de marzo de 2020, prolóngase até os 15 días posteriores á vixencia do estado de alarma. Para os supostos de devindicación (*devengo) do dito imposto posteriores ao 14 de marzo, terán un mes para facelo despois da que se suspenda a situación actual.

No tocante á documentación esixida por un requirimento recibido antes do 18 de marzo, o período para cubrir os trámites prolóngase até o 30 de abril e, no caso do pagamento de débedas xa notificadas ou de fraccionamentos xa concedidos antes do 18 de marzo, os pagos fraccionados pendentes de aboar até o 6 de abril poderán realizarse até o 30 de abril. Para os pagos fraccionados que venzan o 5 de maio, o prazo rematará o 20 de maio.

A rexedora explicou que o Goberno local decidiu restablecer un novo calendario de pagos de tributos co que o cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) será do 2 de marzo a 30 de xuño; e o do imposto sobre bens inmobles (IBI), do 5 de maio ao 13 de outubro. No referente ao imposto sobre actividades económicas (IAE), taxas de recollida de lixo, actividades comerciais e industriais, vaos, cemiterios e aparellos distribuidores, o período para efectuar o pagamento mantense desde o 14 de setembro até o 4 de decembro.

Deste xeito, atrásase ademais o cargo da domiciliación bancaria, que no caso de IVTM non se fará até o 2 de xuño, e no IBI, até o 6 de xullo. Nos imposto sobre actividades económicas, taxas de recollida de lixo, actividades comerciais e industriais, vaos, cemiterios e aparellos distribuidores, os cargos non se pasarán até o 5 de novembro.

Documentos:

26032020-RESOLUCION-INSTRUCIONS-MEDIDAS-FISCAIS-1.pdf (456 KB)

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión