26 de marzo de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, valorou a iniciativa como “un xesto simbólico cunha razón importantísima como é a de frear o cambio climático” e lembrou que o Concello da Coruña loita a diario, “poñendo en marcha políticas sustentables”, para reducir as emisións contaminantes na cidade
O Concello da Coruña súmase á conmemoración da Hora do Planeta apagando mañá as luces dos monumentos e edificios máis emblemáticos da cidade. Así, desde as 20.30 ás 21.30 h deste sábado a Torre de Hércules ou o Pazo municipal de María Pita quedarán ás escuras para contribuír con esta iniciativa de WWF a nivel mundial que busca chamar a atención de xeito simbólico sobre o cambio climático.
A alcaldesa, Inés Rey, valorou a iniciativa como "un xesto simbólico cunha razón importantísima como é a de frear o cambio climático". Rey lembrou que o Concello da Coruña loita a diario, "poñendo en marcha políticas sustentables", para reducir as emisións contaminantes na cidade.
A Hora do Planeta naceu hai máis dunha década en Sidney, en 2007, propoñendo o sinxelo xesto de apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos emblemáticos durante unha hora. Hoxe, forman parte do movemento de defensa da natureza miles de cidades de 188 países que suman o apagado de máis de 17.000 monumentos e edificios icónicos, e que se unen á cidadanía, empresas, concellos e institucións para, entre todos, mudar o cambio climático.
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible