Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xuño de 2020

O concello aproba a instrución para regular a instalación de terrazas en prazas de aparcamento

As terrazas poderanse instalar entre o 1 de xullo e o 15 de setembro A medida pretende axudar a paliar as perdas económicas do sector durante a pandemia

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade aprobou hoxe unha nova instrución para regular a instalación de terrazas durante a situación de emerxencia sanitaria, que entrará en vigor a partir do 1 de xullo e que se estenderá ata o 15 de setembro, se as autoridades sanitarias non realizan ningunha modificación.

Esta nova instrución, que inclúe entre outras cuestións a instalación de terrazas en prazas de aparcamento, responde á resolución adoptada polo Executivo galego para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III  do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

O Goberno local cre necesario manter medidas extraordinarias para a instalación de terrazas, mentres se manteña a declaración de situación de emerxencia sanitaria, estendéndoas a algunha zona non prevista na resolución anterior, así como ás rúas en que non é posible instalar terrazas e as rúas declaradas peonís.

Normas:

1º. O número de mesas permitidas limítase ao oitenta por cento do número total de mesas que figure na solicitude de autorización.

2º. Unicamente nos espazos públicos que constan no Anexo, autorizarase o incremento da superficie destinada a terraza. Neste caso poderanse ampliar o número de mesas previsto no apartado anterior, respectando, en todo caso, a proporción do cincuenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un aumento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública en que se sitúe a terraza, sen que en ningún caso se supere o número de mesas que constan na solicitude de licenza.

Para poder acollerse a este apartado 2, a terraza deberá instalarse nunha localización que cumpra os seguintes requisitos:

- Beirarrúas cun mínimo de 5 metros de ancho, incluídas na listaxe que figura no Anexo.

- Rúas peonís incluídas na listaxe que figura no Anexo.

- Prazas incluídas na listaxe que figura no Anexo.

3º Poderán instalarse terrazas en prazas de aparcamento sempre que se dean as seguintes condicións:

1. A rúa non poderá ter máis dun carril por sentido de circulación e a beirarrúa onde está situado o local deberá de ser inferior a 2,5 metros de ancho, xa que en caso contrario debería solicitarse autorización de instalación de terraza na beirarrúa.

2. O espazo para ocupar nas prazas de aparcamento coincidirá coa fronte do local e non poderá sobresaír da liña das prazas de aparcamento marcada en cada rúa.

3. Será necesaria a instalación dunha tarima con proteccións laterais e na fronte da calzada. A altura mínima da tarima será de 15 centímetros ao lado da calzada e deberá de quedar ao nivel na zona do bordo da beirarrúa. Só se permitirá, ademais da tarima, a instalación de mesas e cadeiras cos seus correspondentes parasois.

4. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Declaración responsable segundo modelo municipal

b) Plano de situación e esbozo do que se pretende instalar

c) Memoria explicativa coa superficie, número de mesas e cadeiras, material da tarima e proteccións, así como os parasois que no seu caso se pretendan instalar.

d) Póliza e pago do seguro de responsabilidade civil en que se inclúa a terraza que se pretende instalar.

5. As terrazas situadas nas prazas de aparcamento poderanse instalar entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.

4º Tamén poderán instalarse terrazas en prazas de aparcamento nas rúas declaradas peonís entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, coas seguintes condicións:

1. O espazo para ocupar nas prazas de aparcamento coincidirá coa fronte do local e non poderá sobresaír da liña das prazas de aparcamento marcada en cada rúa.

2. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Declaración responsable segundo modelo municipal

b) Plano de situación e esbozo do que se pretende instalar

c) Memoria explicativa coa superficie, número de mesas e cadeiras, así como as antucas que no seu caso se pretendan instalar.

d) Póliza e pago do seguro de responsabilidade civil en que se inclúa a terraza que se pretende instalar.

5º. En todo caso deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de polo menos dous metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas.

6º. Deberán de cumprirse as medidas de hixiene e prevención que esixan as autoridades sanitarias.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión