Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xullo de 2020

O concello axiliza a tramitación do Ingreso Mínimo Vital suprimindo o trámite no padrón das persoas solicitantes

O acordo coa Seguridade Social permitirá acurtar prazos e evitarlles esperas ás persoas que optan á nova prestación. O servizo de cita previa atendeu, desde a súa posta en funcionamento o 18 de maio, 27.423 citas nos rexistros e na Oficina Tributaria.

As persoas demandantes do Ingreso Mínimo Vital, a renda básica posta en marcha polo Goberno de España para as persoas con menos recursos, poderán aforrar trámites municipais para axilizar así a consecución desa axuda.

Até o de agora, resultaba preciso que os e as solicitantes da renda presentasen certificados de empadroamento ou convivencia expedidos polo concello. Tras o acordo entre o Goberno local e a Seguridade Social ese trámite xa non será necesario. Así, será a Seguridade Social a que lle solicite ao concello o certificado correspondente a cada petición, e este remitirase desde María Pita a ese organismo sen que as persoas solicitantes teñan que facer ningunha xestión. Só terá que acudir a María Pita quen solicite novas altas ou para modificar o seu empadroamento.

"Trátase de lles facilitar as cousas ao máximo ás persoas que máis o precisan para que teñan acceso canto antes ao Ingreso Mínimo Vital", indicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.

A expedición de certificados de empadroamento vinculados ao Ingreso Mínimo Vital supuxo, ademais, un incremento importante da carga de traballo neste servizo, que desde o pasado 18 de maio funciona co novo sistema de cita previa.

O Goberno municipal instaurou a cita previa para garantir a seguridade da cidadanía e dos/as empregados/as públicos/as nas instalacións municipais, e para mellorar a atención que se presta nos distintos servizos dentro do Plan de modernización dixital posto en marcha pola Concellaría de Economía, Facenda e Réxime Interior. Desde o 18 de maio as oficinas de Rexistro de María Pita, A Franxa, Ágora e Fórum e a Oficina Tributaria da Franxa atenderon 27.423 citas previas.

A cidadanía pode reservar as súas citas a través da web municipal, chamando ao teléfono de atención automática 881 505 101 ou no 010. Ademais, o novo sistema permite modificar e anular citas dun xeito sinxelo a través da web, e coñecer, mediante a lectura de códigos QR, o tempo de espera aproximado cando a/o cidadá/n chega ao servizo onde ten a cita concertada. "O sistema forma parte dos plans de transformación dixital da Administración local que ten na axenda o Goberno que preside Inés Rey. A implantación do servizo adiantouse por mor da COVID-19, pero a intención é mantelo no tempo e estendelo a outras áreas", dixo José Manuel Lage.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión