Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2021

O Concello concede 133 axudas de Bono Taxi cun investimento de 155.000 euros

A listaxe definitiva pódese consultar no portal web de Servizos Sociais, nesta ligazón: https://bit.ly/3tMbTwe

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, publicou a resolución definitiva da concesión das axudas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade, máis coñecidas como Bono Taxi. Concedéronse 133 axudas das 175 solicitadas, sendo denegadas 38 peticións (12 destas por presentalas fóra de prazo) e 4 aínda se atopan pendentes de revisión por alegacións. A listaxe definitiva pódese consultar no portal web de Servizos Sociais, nesta ligazón: https://bit.ly/3tMbTwe

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que "o goberno que dirixe Inés Rey destina 155.000 euros á concesión destas axudas económicas para persoas con discapacidade ás que lles é imposible utilizar os transportes públicos colectivos co fin de lles proporcionar un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos diarios".

Cada persoa beneficiaria desta axuda municipal recibirá 1.090 euros en bonos por importes de 0,5, 1 e 3 euros para o seu uso como medio de pago nos taxis adaptados da cidade. No 2020 o importe que recibiu cada persoa subvencionada era de 700 euros. Esta diferenza supón un incremento do 55,7% no importe que recibe cada beneficiario/a.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión