4 de xaneiro de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou a súa reinstalación nunha praza que mellorou canto a espazos públicos e que segue a liña deste Goberno local, para quen a cidadanía é protagonista, con mobiliario que favorece o lecer e o paseo e unha gran senda peonil que partirá da Agra até San Diego
A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou a reinstalación, sete anos despois, do Monumento aos Liberais na praza das Conchiñas, nun acto ao que asistiron o autor do conxunto escultórico, José Castiñeiras, e os edís de Urbanismo e o de Memoria Histórica, Juan Díaz Villoslada e Jesús Celemín, xunto á concelleira de Barrios, Diana Sobral. A rexedora recordou que, con esta peza, a cidade honra a memoria daquelas persoas que loitaron, poñendo en risco a súa vida, polo triunfo do movemento constitucional no século XIX: "Hoxe, 200 anos despois, aínda quedan moitas causas da liberdade polas que loitarmos; unha delas é a que procura que as mulleres non esteamos expostas á discriminación, á violencia e á morte".
Rey lembrou tamén que, coa devolución do monumento ao barrio da Agra, o Concello responde a un movemento veciñal que viña demandando a súa reinstalación desde hai tempo por ser un emblema, en que se representa esa "determinante revolta popular do 21 de febreiro de 1820, en que a nosa cidade foi a mecha que permitiu que prendese o movemento liberal noutras cidades españolas". Rey indicou que o monumento simboliza unha Coruña de homes e mulleres libres e loitadoras: "unha delas, Juana de Vega, aparece aquí representada xunto ao xeneral Espoz y Mina, unidos na vida e na causa liberal e unidos sempre tamén nas rúas da cidade que levan os seus nomes".
Nesta praza "renovada con novos materiais que concordan co monumento", Rey explicou que a peza escultórica convive no seu contexto en perfecta harmonía e que a mellora das Conchiñas se encadra dentro dunha actuación global en que o Goberno local creará máis espazos públicos para a cidadanía: "Queremos parques para as crianzas, bancos onde sentarmos, pérgolas que protexan do sol e adornen os espazos".
A alcaldesa afirmou que "reactivamos A Coruña tamén con sendas peonís, como a que conectará este barrio con San Diego a través de rúas peonís ou con prioridade peonil, máis humanas; algunhas xa están transformadas e podemos desfrutar delas a pé e outras concretaranse pronto".
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible