Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2021

O Concello dixitaliza o acceso ás instalacións deportivas da cidade

“Imos facilitarlles o traballo ás entidades deportivas e a toda a súa contorna asociativa e adecualo ao século no que vivimos”, sinalou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez

O Concello da Coruña dixitaliza o acceso ás instalacións deportivas da cidade, facilitándolles así o traballo ás entidades deportivas e a toda a súa contorna asociativa.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá en María Pita, xunto co director de Cluber, Diego López, unha nova aplicación que permitirá levar a cabo o traballo dos clubs deportivos de xeito telemático "impulsando a dixitalización do deporte coruñés" e lembrou que "a Covid está xerándolles unha gran carga administrativa ás entidades deportivas que se ven obrigadas a recoller diariamente os datos persoais de todas as persoas asistentes aos adestramentos, partidos ou torneos". Deste xeito, sinalou, "desde o Concello e grazas á empresa coruñesa Cluber imos facilitarlles todo este traballo e adecualo ao século no que vivimos". Trátase dunha proba máis, apuntou Martínez, do compromiso do Goberno de Inés Rey co fomento do deporte na nosa cidade, cuxa loxística tamén se ten que adaptar ao tempo no que vivimos, e o apoio ás entidades deportivas da cidade: "Escoitamos de preto as súas necesidades e ofrecémoslles solucións na máxima brevidade", dixo.

A nova aplicación permitirá dixitalizar o acceso ás instalacións deportivas, reducindo o uso do papel e fomentando a sustentabilidade; reforzará o cumprimento da normativa vixente de protección de datos en todas as instalacións deportivas; e contará coa información en tempo real dos accesos aos recintos deportivos para un uso interno e para llela facilitar ás persoas usuarias. Para conseguir impulsar esta dixitalización do deporte coruñés, o Concello ofrécelles a todos os clubs as seguintes solucións: licenzia da app de control de accesos de Cluber, formacións especializadas e material didáctico, soporte técnico e asesoramento por chat para asegurar o éxito na implantación do sistema, redución do papel e da xestión manual para o persoal directivo das entidades (a documentación coa información das persoas asistentes aos recintos deportivos que lle deben enviar ao Concello será automática); e facilidades para as familias, deportistas, socio/as e persoas afeccionadas dos clubs grazas ao uso das tecnoloxías dixitais máis avanzadas.

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión