Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xullo de 2020

O Concello e a Universidade da Coruña avanzan no desenvolvemento da Cidade das Tics

O Goberno local, representantes dos grupos municipais e o reitor analizaron na comisión informativa a evolución do proxecto e os pasos dados para facer realidade esta iniciativa tecnolóxica.

O concello ratificou esta mañá durante a realización dunha comisión informativa en María Pita o seu compromiso co proxecto "Cidade das Tics", a través de distintos investimentos para o acondicionamento urbano que permitirá a correcta integración da infraestrutura da Fábrica de armas na cidade, así como o desenvolvemento de vías urbanas, transporte público e servizos básicos. De feito, os edificios que lindan coa avenida de Alfonso Molina serán destinados a servizos para a veciñanza. O concello, explicou a edila de Innovación e Industria, Eva Acón, traballa con todas as entidades implicadas para sacar adiante un proxecto vital para o sector empresarial, universitario e social da cidade.

Durante a comisión en que o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde informou os grupos políticos da evolución do proxecto, a concelleira reiteroulle ao reitor o apoio total do Goberno local no desenvolvemento dun proxecto que impulsará a chegada de novas iniciativas e xerará miles de postos de traballo directos e indirectos.

O reitor informou a todas as forzas políticas da subvención de 4,8 millóns de euros concedida polo Igape á Sociedade Xestora CSA para a posta en marcha do Centro de servizos avanzados. Para iso, está previsto que comece a rehabilitación do primeiro edificio da Fábrica de Armas, onde se habilitarán espazos para catro laboratorios onde se poderán realizar probas técnicas e demostracións de dispositivos intelixentes; para prestar servizos materiais; para aloxar empresas do sector que dean lugar a novos proxectos ou a novas empresas. Neste sentido, o reitor anuncioulles que no mes de setembro se convocará un concurso de ideas con fin de recuperar as naves e preparar eses espazos para os seus futuros usos. Os traballos arrincarán coa rehabilitación do edificio número 1, onde se situará o Centro de servizos avanzados, e seguirán nos edificios  6 e 3.

Tamén se analizou a figura xurídica de carácter público (consorcio o fundación) que xestionará o desenvolvemento do proxecto e na que estarán incluídos o concello, a universidade e a deputación, así como a necesidade de avanzar na integración das empresas que xa manifestaron o seu interese en asentarse no centro tecnolóxico de Pedralonga.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión