Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2020

O Concello esixirá novas medidas de seguridade para a realización de eventos en espazos públicos

O decreto da alcaldía obriga a reserva previa, o uso do xel hidroalcólico e unha distancia mínima de 1,5 metros entre os asentos.

Ante a situación de crise sanitaria provocada pola COVID-19 que estamos a vivir e co fin promover e garantir a saúde nos espazos públicos, o Concello acaba de aprobar un decreto que recolle as medidas polas que se regulará o uso de espazo público para a realización de calquera tipo de eventos. Esta normativa, explican os responsables municipais, vén a reforzar as iniciativas adoptadas polas autoridades sanitarias competentes. Así, o Concello non autorizará ou concederá licenza para reunións ou eventos de máis de 400 persoas en espazos públicos ou privados de acceso libre e uso público.

Desde a entrada en vigor do decreto, todas as solicitudes de licenzas ou autorizacións deberán cumprir unha serie de requisitos e garantir certas medidas adicionais recollidas neste documento:

No caso de actividades ou eventos en que a capacidade prevista sexa entre 100 e 400 persoas, as/os persoas asistentes que desexen acudir deberán facer a súa reserva previa e presentaren un documento para se identificar. Ademais, o recinto deberá ter un dobre perímetro de seguridade, con valado e portas de entrada e saída diferente, que serán atendidas polo persoal da organización.

Canto ao control de acceso ao recinto, identificarase as persoas as que se lles realizará unha toma da temperatura que deberá ser igual ou inferior a 37,4 ªC. Ademais será obrigatorio o uso de xel hidroalcólico ao entraren e saíren e desinfectarase todo o material que se utilice para a posta en marcha da actividade.

As cadeiras ou asentos deberán estar situados a unha distancia mínima de 1,5 metros e estarán agrupadas formando conxuntos dun máximo de 50 unidades identificadas por distintas cores. Cada persoa asistente terá un sitio asignado cunha cor desde o que seguirá a actuación.

Tamén será necesaria a reserva previa paras as actividades en que a capacidade prevista sexa de entre 50 e 99 persoas, que terán que identificarse presentando o seu DNI o calquera outro documento. Deberá instalarse un recinto de seguridade e portas de entrada e saída diferenciada, que estarán atendidas polo persoal. Tomarase a temperatura corporal das persoas que non poderá superar os 37,4ºC e deberá usarse xel hidroalcólico. Canto ás cadeiras deberán manter unha distancia mínima de 1,5 metros e agruparanse en conxuntos de 20 cunha separación de 2,5 metros entre eles.

En eventos de entre 25 e 49 persoas, será obrigatorio manter unha distancia de 1,5 metros, agás que se trate de membros da mesma unidade de convivencia. Tamén terán que dispor de xel hidroalcólico e a organización deberá dispor dunha lista  cos datos de todas as persoas convidadas. E, por último, nas reunions, eventos o actividades con capacidade de até 24 persoas tamén haberá que manter unha distancia de 1,5 metros, agás se son membros da mesma unidade de convivencia.

O Concello anuncia que calquera actividade que se realice no municipio deberá garantir as normas xerais de prevención fronte á COVID-19. No caso de querer instalar mesas, expositores, barras ou elementos similares, deberase dispor dunha senda de entrada e outra de saída e ofrecerase de balde xel hidroalcólico a todas/os asistentes.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión