Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2020

O Concello evolucionará a Tarxeta Millennium converténdoa nunha verdadeira identidade dixital, o que permitirá ampliar o número de servizos que presta na actualidade

Con esta mellora, que non estará vinculada só a un soporte físico e poderá levarse no teléfono móbil, simplificaranse trámites como a adquisición de entradas, a inscrición no programa de lecer dos centros cívicos ou o acceso a instalacións deportivas

O Concello potenciará o uso da identidade dixital da cidadanía para o uso dos servizos municipais en que se lle requira unha autenticación ou para o pago de actividades ou taxas. Bastará con rexistrarse facilitando unha conta de correo / móbil ou ben utilizando as credenciais de acceso dalgunha rede social (Twitter, Google, Facebook) que xa teña a persoa usuaria. Non estará necesariamente vinculada a un soporte físico, polo que se poderá levar no teléfono móbil e con ela, a veciñanza poderá reservar, pagar e acceder a instalacións deportivas e espazos municipais, adquirir entradas para os museos en liña ou inscribirse no programa de lecer dos centros cívicos.

A identidade dixital incorpora un código QR que se poderá xerar desde calquera teléfono móbil (Android / IOS) e que permitirá o acceso aos servizos municipais. Os trámites para obter a Tarxeta Millennium, que agora precisan de cita previa e do desprazamento das persoas usuarias a algunha oficina municipal, tamén se simplificarán, xa que tanto as novas solicitudes como as substitucións por deterioro ou perda da tarxeta se realizarán a través de Internet.

O proxecto, que se vai a licitar nos vindeiros días por importe de 200.000 euros, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020. Actualmente, a app Millennium, que permite pagar o autobús urbano, está en fase piloto cun total de 250 persoas usuarias que o Concello duplicará até os 500 co fin de que se estenda o seu uso e se faciliten os trámites administrativos.

Ademais, o novo sistema de información permitiralle ao Concello analizar a través de BigData toda a información referente aos usos que realiza con ela a cidadanía, de xeito que as/os xestores municipais poidan mellorar a forma de prestar os seus servizos e estudaren os seus custos. Para potenciar a fidelización ao novo modelo, poderanse implementar políticas que favorezan o uso de servizos municipais dándolles a gratuidade ou rebaixando as taxas para a súa utilización.

O Goberno local ten previsto poñela en marcha o ano que vén para que calquera persoa poida empregala despois de que se rexistre mediante as redes sociais ou proporcionando unha serie de datos mínimos. A súa funcionalidade cubrirá os servizos de BiciCoruña, as instalacións deportivas, o voto electrónico e o pago do transporte. Disporá dun frontal web para que as e os usuarios poidan consultar o seu histórico de viaxes e mais o seu perfil, as entradas ou os distintos servizos. Na actualidade, xa hai máis de 200.000 usuarias/os activas/os que utilizan habitualmente a Tarxeta Millennium para as bicis municipais (BiciCoruña) ou pagan o autobús, con máis de 20 millóns de transaccións anuais rexistradas. 

Noticias de A. G. Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión