Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de abril de 2021

O Concello habilita unha parada de taxis provisional en Expocoruña

A iniciativa, cuxo fin é facilitar o acceso da poboación ao centro de vacinación, enmárcase dentro dunha serie de accións que o goberno de Inés Rey está levando a cabo para colaborar co Sergas “en todo o que precisen canto a loxística, operatividade ou en materia de seguridade"

O Concello instala unha parada de taxis provisional no acceso principal a Expocoruña para facilitar o acceso da poboación ao centro de vacinación.

Por outra banda, membros de Protección Civil tamén colaboran desde o pasado mércores e até o domingo co Sergas para evitaren que se produzan concentracións de persoas nas colas como resultado da vacinación que se está realizando no recinto ferial. Así, a Policía Local ten activado un dispositivo especial na zona para dar apoio no control do tráfico e garantir a seguridade cidadá nos accesos a Expocoruña.

A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que o Concello da Coruña pon á disposición do Sergas a súa "máxima colaboración en todo o que precisen canto a loxística, operatividade ou en materia de seguridade".

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

226 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión