Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2021

O Concello habilitará un mercado provisional en Monte Alto mentres duren as obras da actual praza de abastos

Esta medida, que non se incluía no anterior proxecto, permitirá que as e os praceiros poidan seguir realizando a súa actividade na praza Indalecio Prieto

A concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, Diana Cabanas, visitou este mediodía o mercado de Monte Alto que proximamente será completamente reformado cun orzamento de 3,7 millóns de euros. Canto comecen os traballos previos á actuación, o Concello porá a disposición das praceiras e praceiros un mercado provisional na praza Indalecio Prieto, co fin de que non teñan que paralizar a súa actividade comercial durante os meses en que se execute a rehabilitación do edificio. "Esta medida demostra o apoio do Goberno de Inés Rey ás persoas que traballan do mercado, unha previsión que anteriormente no se estaba a ter en conta e que evitará a súa paralización".

A alcaldesa, Inés Rey, sinala que coa remodelación do edificio se favorecerá o consumo no comercio local: "Promoveremos a compra venda de produtos de proximidade e faremos que as e os profesionais cheguen da mellor forma á súa clientela".

Así mesmo, con esta intervención, pendente desde hai dous mandatos, cambiarase a imaxe do inmoble con zonas verdes e elementos de conexión co barrio, como unha balconada. Monte Alto mellorará tamén en equipamentos cun aparcadoiro máis accesible, un elevador para as persoas usuarias da praza e un segundo de uso público que comunicará a zona de xeito vertical e asegurará a inclusión de todas e todos os residentes.

No lado norte, incorporarase a escola infantil e o mercado terá unha maior conexión co exterior cunha parte superior destinada aos postos de peixe e carne, e diante deles a zona seca destinada á compra e venda de froitas, verduras e outros produtos. O proxecto reservará dous locais polivalentes coa opción de poder xuntalos e crear un único espazo, que contarán á súa vez con metros cadrados pensados para almacén, aseos e vestiarios.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión