Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2020

O concello humanizará as rúas que conectan o parque de Santa Margarida co barrio da Agra

A alcaldesa visitou esta mañá xunto ao edil de Urbanismo a Rolda de Nelle que, tras a demolición do viaduto e as obras de humanización realizadas, dispón de beirarrúas máis amplas, carril bici, árbores e de novos espazos para a veciñanza

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o  concello encargou un estudo para humanizar as rúas da contorna do parque de Santa Margarita coa Rolda de Nelle co fin de unir o parque co barrio da Agra. A finalidade, explicou a rexedora, é darlle permeabilidade ao parque e introducir a zona verde na cidade mellorando a calidade urbana desas rúas. Deste xeito, dixo, o  concello prosegue con actuacións encamiñadas a recuperar espazos urbanos de convivencia en todos os barrios da cidade nunha aposta clara pola súa humanización e por unha mobilidade sustentable onde a redución do tráfico rodado será unha realidade.

Rey fixo este anuncio durante a apertura da reurbanizada Rolda de Nelle. Tras a demolición do viaduto, o concello iniciou as obras de humanización desta vía que dispón agora de carril bici, beirarrúas máis amplas, máis espazos para as peoas e os peóns, árbores e novo mobiliario urbano."Unha rolda máis aberta, máis humana, con más espazos para as persoas e que mellora a calidade de vida do barrio que por fin tras 40 años pode ver unha rolda sen esa mole gris que lles quitába a luz", sinalou a alcaldesa, que destacou que as obras se realizaron nun tempo récord e contaron cun orzamento de máis dun millón de euros.

A actuación, que comezou o 27 de xaneiro, sufriu un parón de varias semanas por mor do estado de alarma e unha ralentización propia da inactividade propiciada por ese momento. Aínda así, entregouse dentro do prazo máximo estipulado de 12 meses.

A rexedora fixo tamén un repaso a todas as obras que o Executivo puxo en marcha desde que chegou a María Pita entre as que destacou a rotonda de Salgado Torres, as das Conchiñas, as diversas peoanalizacións levadas a cabo durante a desescalada, os proxectos para mellorar a accesibilidade nas rúas Victoria Fernández España e Vía Ártabra, así como na praza Isaac Díaz Pardo.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión