31 de julio de 2020
Durante o mes de agosto, os areais coruñeses acollerán a #ResistenciaCircular, formada por educadoras e educadores ambientais equipados con mochilas recolectoras de envases. A iniciativa chega da man de Cada Lata Cuenta e de Estrella Galicia.
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, xunto ao director de Cada Lata Cuenta, Pedro Serrano, e o responsable de patrocinio de Estrella Galicia, Víctor Mantiñán, presentaron esta mañá en María Pita a campaña "Circula a túa lata", unha iniciativa que promove a reciclaxe de latas de bebidas e que se desenvolverá durante o mes de agosto nos areais coruñeses, co obxectivo concienciar sobre a importancia de reciclar dándolles unha nova vida a estes envases, e contribuír a mellorar a sustentabilidade das praias galegas.
Fontán destacou a importancia desta campaña, así como as de futuras actuacións que a Concellería de Medio Ambiente ten previsto levar a cabo, tanto en solitario como en colaboración con empresas e entidades. Agradeceulle á organización de Cada Lata Cuenta que compartise este proxecto co concello, así como a colaboración de Estrella Galicia, que, unha vez máis, "manifesta o seu compromiso co medio" e "demostra que administracións, empresas e entidades que defenden o medio podemos ir da man".
No caso da cidade, a concelleira sinalou que na planta de reciclaxe de Nostián en 2019 recuperáronse 2.136 toneladas de envases de aceiro e de 224 toneladas de envases de aluminio. "A súa reciclaxe potencia a economía circular, un dos obxectivos que marcou o Goberno local", explicou.
Fontán tamén aproveitou a presentación para anunciar que mañá comeza a segunda quenda de guías informativos que estarán nos arcos de control de acceso aos areais coruñeses e pediulle á veciñanza a súa colaboración.
Pola súa banda, o director de Cada Lata Cuenta quixo agradecerlle ao concello a súa implicación nunha iniciativa que trata de reforzar a idea a importancia da reciclaxe para promover a economía circular e coidar do medio.
Por último, o responsable de patrocinio de Estrella Galicia destacou que, a pesar de que este ano non se realizarán festivales, a intención da compañía, tras a boa acollida o ano pasado da campaña #daralata, é a de seguir concienciando sobre a importancia da reciclaxe. E, por iso, animou as coruñesas e os coruñeses a se uniren á #ResistenciaCircular para, deste xeito, traballar polo coidado do planeta.
Os organizadores explicaron que durante o mes de agosto, as e os bañistas atoparanse coa #ResistenciaCircular: varios equipos de educadoras/es ambientais que portarán unha mochila amarela para recolleren todas as latas de bebidas co fin de as reciclar e de lles dar unha nova vida. As latas son 100% reutilizables e un xesto tan sinxelo como depositalas no colector amarelo axuda a que se aforren materiais e se reduza un 70% o consumo de auga e un 95% o consumo de enerxía.
Na Coruña, a iniciativa, que conta con Ecoembes como colaborador ambiental, poñerase en marcha nas praias de Riazor, Orzán, Matadoiro, As Lapas, Durmideiras e Santo Amaro.
Ademais, como peche de campaña, organizarase unha Pixelata, unha obra de Street Art realizada con latas recollidas ao longo do mes. Este é un proxecto que combina arte, concienciación ambiental e cooperación e que consiste na creación dunha imaxe pixelada de gran formato a partir de latas de bebidas recicladas, pintadas na súa base e colocadas nun soporte formando un mural de latas recicladas. Todo o público está convidado a este encontro, que terá lugar na praia do Orzán, durante os días 28, 29 e 30 de agosto e contará coa presenza dun DJ.
A CORUÑA |
|
Praias |
Datas |
Riazor |
Todas as fins de semana de agosto |
Orzan /Matadoiro |
7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22 y 23 de agosto |
As Lapas / Durmideras/ San Amaro |
7 y 9 de agosto |
Oza |
8 y 14 de agosto |
12 resultados
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
El 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
El 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
El 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible