Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
31 de agosto de 2020
O Concello da Coruña, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, impulsa o programa gratuíto e en liña “Tendas a Exame”, en apoio ao comercio local e co obxectivo de lles proporcionar coñecementos sobre ferramentas dixitais para mellorar a visibilidade dos seus negocios.
O Concello da Coruña, a través do Departamento de Promoción Económica e Comercio, impulsa o programa gratuíto e en liña "Tendas a Exame", en apoio ao comercio local e co obxectivo de lles proporcionar coñecementos sobre ferramentas dixitais para mellorar a visibilidade dos seus negocios.
A iniciativa enmárcase dentro da estratexia municipal para impulsar e dinamizar o comercio de proximidade, que anterioremente xa realizou seis programas por diferentes barrios da cidade dirixidos a mellorar os negocios en distintos ámbitos a través dun servizo de consultoría.
Nesta ocasión o programa "Tendas a Exame" dá un salto ao ámbito dixital, tanto nos seus contidos como no sistema de consultoría, para facilitar que as persoas propietarias dos comercios coñezan ferramentas dixitais que poidan implementar nos seus negocios de forma sinxela, co obxectivo de chegar a máis clientela e mellorar a súa visibilidade na rede. Este cambio permitirá que poida participar calquera comercio de proximidade da cidade que teña establecemento aberto ao público, independentemente da zona na que se atope.
Nunha primeira fase do programa realizarase unha análise e diagnóstico dos comercios no ámbito dixital, para lles propoñer seguidamente estratexias e accións adecuadas que melloren a súa visibilidade en liña. Levarán a cabo consultorías personalizadas de marketing en liña, comercio electrónico, posicionamento SEO, email marketing e "social selling" entre outras temáticas, sempre buscando aquelas que mellor encaixen cos diferentes negocios participantes.
Os establecementos interesados poderán inscribirse no programa ata o próximo 15 de setembro. E entre eles seleccionarase os 45 comercios que participarán.
Máis información: tendasaexameonline@gmail.com
Inscricións: https://www.coruna.gal/comercio/
Comercio, Mercados, Consumo e Barrios
10 resultados
O 15 de xan de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a organización dunha exposición fotográfica en varios puntos da cidade sobre esta festa que “tanta tradición ten na Coruña” e que estudan un concurso virtual de disfraces
O 28 de dec de 2020
Esta construción eventual, homologada e accesible, conta cun investimento por parte da Concellería de Comercio, Mercados e Barrios de 87.500 euros. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que “a reforma deste mercado, así como serán o de Monte Alto e San Agustín, é unha mostra máis do compromiso do Goberno local coa modernización destas construcións municipais para rexenerar e pór en valor do comercio de proximidade”.
O 19 de dec de 2020
A concelleira de Mercados, Diana Cabanas, asistiu esta maña no mercado Eusebio da Guarda ao taller impartido pola concursante de Máster Chef 8 dentro da iniciativa posta en marcha pola concello para dinamizar os mercados municipais
O 18 de dec de 2020
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que haberá 3 itinerarios para chegar a todas as nenas e os nenos da Coruña e asegurou que “este ano non fará falta saír do barrio, e en moitos casos nin sequera saír da casa, para desfrutar da visita dos Reis Magos”
O 16 de dec de 2020
Este sábado, 19 de decembro, comeza no mercado Eusebio da Guarda o primeiro dos sete obradoiros. Desenvolveranse todos en horario matinal, das 11.00 ás 13.00 h. O 23 de decembro será a quenda do mercado das Conchiñas; o 24 realizaranse no mercado Ramón Cabanillas; o día 26 no mercado de Santo Agostiño; o 28 no mercado de Elviña; o 29 no mercado de Monte Alto; e o 30 de decembro no mercado de Durmideiras
O 3 de dec de 2020
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que este ano o tradicional acendido navideño será “unha homenaxe a todas e todos os que traballaron garantindo os servizos esenciais da nosa cidade mentres estabamos na casa seguros”
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible