Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2021

O Concello inicia a construción dun novo parque infantil na rúa Maastricht

O Goberno local busca dinamizar os barrios e dotalos de maiores servizos, así como garantir a accesibilidade de toda a veciñanza.

O Concello iniciou esta semana os traballos para construír un novo parque infantil entre as rúas Maastrich e Porto, na Zapateira. O Goberno local adxudicoulle á empresa Jardincela SL as obras por un importe de 44.736 euros e un prazo de execución de dous meses. A actuación, coa que se lle dá resposta a unha demanda veciñal, xa que na zona non existe ningunha área de xogo, inclúe a instalación de randeeiras, unha tirolesa, un tobogán, un rocódromo e unha área de múltiples usos destinados a nenas e nenos de entre 1 e 12 anos.

O espazo infantil constará de dúas partes. Por unha banda, créase unha área de xogos de forma rectangular duns 300 m2, onde se instalarán a tirolesa e as randeeiras. Doutra banda, pero preto desta área, instálanse o tobogán e os elementos de escalada.

Na zona principal, instálanse a tirolesa de tipo funicular con tallo para ir sentado, que conta cunha lonxitude de 20 metros e estrutura de acceso, un conxunto de randeeiras, cunha cesta tipo niño, un asento convencional e outro de seguridade para bebés desde un ano, e un xogo compacto, con elementos para que a cativada poida rubir e que poderá ser utilizado por cinco persoas.

Preto da área principal de xogos, fórmase un noiro artificial coa pendente necesaria para colocar un tobogán de ladeira. Este espazo compleméntase coa instalación dun rocódromo de noiro e unha corda para rubir, ambos para escalada á cima do noiro e acceso ao tobogán. Con todo, o tobogán parte dun carreiro existente, polo que se pode acceder sen necesidade de rubir polo noiro.

Con esta actuación, o Goberno local continúa co seu plan para crear zonas de ocio infantil nos barrios que carecen deste tipo de infraestruturas, de habilitar espazos urbanos de calidade tanto para uso deportivo como para uso lúdico.

A alcaldesa, Inés Rey, asegura que a intención do Goberno Local é a de dinamizar os barrios e dotalos de maiores servizos, "que todos dispoñan dun espazo de lecer, así como garantir a accesibilidade de toda a veciñanza".

O Goberno local investiu máis de 600.000 euros na remodelación de parques infantís. Completáronse as zonas infantís da praza da Fábrica de Tabacos e Valaire Munich. Ambos os proxectos, cun investimento cada un de 48.300 euros. A reforma do parque infantil da praza da Concordia, cun investimento de máis de 200.000 euros e o parque da urbanización Breogán, cun orzamento de 48.376 euros, foron outros dos proxectos rematados o ano pasado, así como a reforma da praza das Conchiñas que conta cunha nova zona infantil.

Noticias de A. G. Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión