Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
26 de outubro de 2020
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza.
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, anunciou esta mañá na praia de Riazor que o concello iniciou os traballos para levantar a duna que se coloca cada ano no areal como barreira de protección nese tramo do Paseo Marítimo. O obxectivo, dixo a concelleira, é minimizar o impacto dos temporais na no tráfico e na circulación peonil nese tramo do paseo.
O servizo municipal utiliza dúas máquinas bulldozer para realizar os traballos, que finalizarán en cinco días sempre que a meteoroloxía o permita. Fontán sinalou que por primeira vez a formación da barreira corresponderalle á nova empresa de limpeza, e incluirá ademais a realización dun estudo co fin de mellorar a súa efectividade. A duna terá unha altura de 2,5 metros de altura, o que lle permitirá á cidadanía seguir contemplando o mar. Desde a liña de paseo até a duna hai unha separación de doce metros e medio.
Fontán lembrou que é habitual que a duna teña que se reconstruír durante a tempada invernal, polo menos nunha ou dúas ocasións. "O mar ten máis forza ca nós, pero o concello está preparado", apuntou.
Este tipo de duna levantouse por vez primeira en 1995 como resposta ao violento temporal que derribou a balaustrada do Paseo Marítimo. O risco de que o mar rebase a duna depende fundamentalmente da altura e dirección da ondada, intensidade e dirección do vento, e dos niveis da preamar. As situacións máis perigosas de subida da auga ao Paseo Marítimo e mesmo ás vías danse cando conflúen mareas vivas con temporais do noroeste, algo que se dá entre unha e tres veces máximo en cada tempada.
Doutra banda, a Concellería de Medio Ambiente estuda reforzar a limpeza e desinfección na contorna dos centros escolares e mercados de abastos ante a crise sanitaria que está a vivir a cidade cun aumento de persoas contaxiadas. Fontán sinalou que os traballos de limpeza son exhaustivos en toda a cidade e pediulle á veciñanza colaboración nas tarefas de mantemento.
Innovación, Industria, Emprego e Consumo
11 resultados
O 10 de dec de 2020
O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, entregou os galardóns convocados para celebrar o décimo aniversario do centro e cos que o Concello pretende reforzar o tecido empresarial da cidade
O 5 de dec de 2020
A Asociación de Jóvenes Empresarias y Empresarios de la Provincia de A Coruña homenaxeará a Sandra Armas pola súa traxectoria de máis de 20 anos nunha celebración no salón de plenos, en que distinguirán as mellores ideas emprendedoras do ano
O 22 de nov de 2020
Polo décimo aniversario do espazo, o Goberno local convoca o concurso “Éxito10”, en que impulsará tres proxectos que recibirán asesoramento e titorías nas áreas que máis o precisaren
O 20 de nov de 2020
Nestes primeiros días de novembro están comezando a desenvolverse os obradoiros e actividades do Programa Municipal de Formación en Consumo que a Oficina de Información ás Persoas Consumidoras ofrece a todos os centros educativos da cidade herculina, dentro do Proxecto "Coruña Educa".
O 18 de nov de 2020
Os rapaces e rapazas que se acheguen ata “A Casa dos Xoguetes” situada en Juan Flórez, 104, poderán construír os seus propios xoguetes, adornos de Nadal, sen precisar máis que a súa imaxinación e materiais moi sinxelos. Fomentar un consumo e hábitos responsables en torno aos xoguetes e o principal obxectivo destas actividades.
O 15 de nov de 2020
O gran éxito desta iniciativa conlevou a que o Goberno local ampliase 400 prazas ás ofertadas inicialmente, e programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o ano 2021
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible