Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xaneiro de 2021

O Concello insta a Xunta a traballaren xuntos na construción dun estadio de atletismo

Na comisión de Deportes realizada este mediodía, a edila de Deportes, Mónica Martínez, recordou que a súa concellería estuda a blindaxe da permanencia da Escola de lanzadores no INEF

O Concello insta a Xunta a camiñaren da man para que a xente do atletismo dispoña de instalacións na Coruña. "Sería conveniente poñérmonos a traballar conxuntamente para que esta cidade teña o estadio que o atletismo coruñés demanda e merece", sinalou a concelleira Mónica Martínez no transcurso da comisión informativa de Deportes realizada este mediodía.

A edila lembrou tamén que a Escola de lanzadores da Coruña leva dez anos no estadio de atletismo do INEF: "Ningún dos gobernos anteriores conseguiu blindar a súa permanencia no INEF, ubicado en Oleiros, malia ser un núcleo de alto rendemento onde adoitan adestrar grandes atletas de todo o mundo". Neste punto, Deportes recibiu nestes meses o director técnico da Escola de lanzadores, Raimundo Fernández, e organizou unha xuntanza en novembro a catro bandas entre Concello, INEF, Federación Galega de Atletismo e Escola de lanzadores para iniciar contactos de cara a traballaren no convenio que esta entidade leva anos demandando. "E por ese camiño seguimos", indicou Mónica Martínez.

No decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, a Xunta define o alto rendemento deportivo como a práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel, pero que ten condicións que indican que vai camiño de selo. Tamén fala do rendemento deportivo de base como unha etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previo ao alto rendemento ou o alto nivel, características que reúne esta escola de lanzadores coruñesa.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión