Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2021

O Concello instala a escultura “Sardiña” para homenaxear as nosas festas máis senlleiras

A alcaldesa, Inés Rey, animou a veciñanza a seguir participando desde as súas casas no concurso de disfraces virtual In-Troido

O Concello instalou esta mañá a escultura "Sardiña" do artista coruñés Miguel Couto para lle render unha homenaxe particular ao Entroido coruñés. A alcaldesa, Inés Rey, supervisou a colocación desta peza que, como explicou a alcaldesa, "simboliza o espírito festivo que cada ano inunda as nosas rúas e evoca as nosas tradicións máis senlleiras; por un lado o Entroido e, por outro o San Xoán; as que forman parte do noso ADN". O lugar elixido para colocar a peza, na rotonda do cruzamento da rúa San Xoán coa rúa da Torre, "é o centro neurálxico do Entroido onde gozamos ano tras ano da nosa festa, das choqueiras e dos choqueiros, e que oxalá o ano que vén recuperemos", dixo Rey.

A instalación desta escultura, que forma parte do programa de iniciativas que o Concello deseñou ante a imposibilidade de celebrar a tradicional festa, está dedicada á veciñanza e aos colectivos que traballan por manter unha tradición patrimonio da cidade e coa que tamén se homenaxea a festa de San Xoán, "que ten na sardiña un dos seus símbolos máis arraigados e emblemáticos".

A "Sardiña" pesa 350 quilos e fundiuse en bronce, aplicando a técnica "á cera perdida" no taller que o artista ten no municipio de Arteixo. O escultor traballou durante tres meses na peza que mide 270 cm máis 30 cm de base en granito do país. Segundo o escultor, Miguel Couto, a "Sardiña" evoca a alegría das coruñesas e dos coruñeses no seu día a día. De pé a Sardiña afronta o día coa súa mellor actitude".

Por outra banda, convidou as coruñesas e os coruñeses a seguiren participando desde as redes no concurso de disfraces virtual In-Troido que organiza o Concello. Até o sábado poden concursar no certame subindo fotos ás redes desde as súas casas de xeito individual ou en familia.

E lembrou as exposicións situadas no Obelisco e no Campo da Leña sobre o Entroido coruñés, que se poderán contemplar durante este mes. Mostras que inclúen documentos e imaxes conservadas nos arquivos da Biblioteca de Estudos Locais, da Real Academia Galega, e dos medios de comunicación da cidade. Fotografías, explicou a rexedora, que nos lembran toda a nosa historia e que tamén foron posibles grazas ao apoio e o traballo das comparsas da cidade.

Noticias de A. G. Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

12 resultados

  • policía

    A Policía Local retoma a campaña de control de estacionamentos indebidos

    Cando:

    O 12 de abr de 2021

    Fará fincapé na dobre fila, sobre todo, en vías prioritarias, onde serán as cámaras as que capten estas condutas non permitidas, e mais nas infraccións que entorpezan o funcionamento dos servizos públicos e obstaculicen a circulación do resto das/os usuarias/os

  • parada de taxis provisional expocoruña

    O Concello habilita unha parada de taxis provisional en Expocoruña

    Cando:

    O 9 de abr de 2021

    A iniciativa, cuxo fin é facilitar o acceso da poboación ao centro de vacinación, enmárcase dentro dunha serie de accións que o goberno de Inés Rey está levando a cabo para colaborar co Sergas “en todo o que precisen canto a loxística, operatividade ou en materia de seguridade"

  • borrego

    A Coruña acollerá durante tres anos máis a alta competición de traiñeiras

    Cando:

    O 29 de mar de 2021

    O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente da ACT, Borja Rodrigo, asinaron o acordo que permitirá que a cidade sexa escenario da Eusko Label Liga e a Euskotren

  • turismo convention bureau

    Turismo impulsa a constitución do Convention Bureau e adxudica as conexións aéreas con Madrid e Bilbao

    Cando:

    O 22 de mar de 2021

    Na Xunta de Goberno do Consorcio desta mañá, aprobouse a participación no padroado fundacional do Convention Bureau, da man do sector turístico, nunha colaboración público-privada que reforzará A Coruña como destino de referencia MICE no turismo de congresos. A alcaldesa, Inés Rey, valorou os acordos acadados hoxe como “grandes avances tanto para o progreso económico da cidade como para a súa imaxe” e constatou “conseguiremos posicionar A Coruña como un dos referentes nacionais do turismo de congresos”.

  • O tempo de resposta dos bombeiros no 80% dos sinistros é de 10 minutos

    O tempo de resposta dos bombeiros no 80% dos sinistros é de 10 minutos

    Cando:

    O 8 de mar de 2021

    O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego e o responsable da área, Carlos García Touriñán, presentaron a Memoria 2020, que recolle un total de 1.504 intervencións Estrean un servizo de información en liña que estará activo as 24 horas e que informará a cidadanía das actuacións en tempo real

  • concurso pequenos

    O Concello agradécelle á cidade que mantivera viva a tradición do Entroido pese a pandemia

    Cando:

    O 27 de feb de 2021

    “A veciñanza demostrou que o sentimento do Entroido, unha das festas máis emblemáticas da cidade, é un sentimento arraigado, e a creatividade e as tradicións tamén se poden desfrutar desde a casa e cumprindo coas medidas”, asegurou a alcaldesa, Inés Rey

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión