19 de febreiro de 2021
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que a nova senda se habilitará no tramo comprendido entre a avenida do Exército e Peruleiro, en ambos os sentidos da circulación, e comezará a ser pintada previsiblemente o vindeiro luns
A alcaldesa anunciou que o Concello instalará un carril 30 na rolda de Outeiro co fin de "eliminar a dobre fila e mellorar a seguridade viaria" nesta arteria da cidade. A nova senda habilitarase no tramo comprendido entre a avenida do Exército e Peruleiro, en ambos os sentidos da circulación, e previsiblemente o vindeiro luns comezará a ser pintada. A sinalización vertical xa está instalada e nos próximos días establecerase a sinalización horizontal. A alcaldesa apuntou que, para combater a dobre fila, o Goberno local tamén reforzará a vixilancia policial na zona.
Rey asegurou que o Goberno local continúa con Coruña Cidade 30, "que xa é unha marca de cidade e grazas a ela conseguiuse calmar o tráfico en practicamente toda a cidade, permitiuse a convivencia de novas formas de mobilidade, mellorouse a eficiencia do transporte público e respéctase a cidadanía que camiña e que desfruta do espazo urbano en condicións de seguridade", dixo. Con estas actuacións enmarcadas no devandito plan, sinalou a rexedora, "recuperamos 50.000 metros cadrados de espazo público que xa podemos transitar a pé, con novos carrís como o de corredores e ciclistas do Paseo Marítimo" e, apuntou, "coa premisa dun carril menos, unha beirarrúa máis, agora estendemos esta redución de velocidade a 30 quilómetros por hora na rolda de Outeiro".
Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá
12 resultados
O 19 de abr de 2021
Tamén realizou un dispositivo extraordinario para o control e a prevención do consumo de alcohol e drogas ao volante en diferentes puntos da cidade
O 12 de abr de 2021
Fará fincapé na dobre fila, sobre todo, en vías prioritarias, onde serán as cámaras as que capten estas condutas non permitidas, e mais nas infraccións que entorpezan o funcionamento dos servizos públicos e obstaculicen a circulación do resto das/os usuarias/os
O 9 de abr de 2021
A iniciativa, cuxo fin é facilitar o acceso da poboación ao centro de vacinación, enmárcase dentro dunha serie de accións que o goberno de Inés Rey está levando a cabo para colaborar co Sergas “en todo o que precisen canto a loxística, operatividade ou en materia de seguridade"
O 29 de mar de 2021
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente da ACT, Borja Rodrigo, asinaron o acordo que permitirá que a cidade sexa escenario da Eusko Label Liga e a Euskotren
O 22 de mar de 2021
Na Xunta de Goberno do Consorcio desta mañá, aprobouse a participación no padroado fundacional do Convention Bureau, da man do sector turístico, nunha colaboración público-privada que reforzará A Coruña como destino de referencia MICE no turismo de congresos. A alcaldesa, Inés Rey, valorou os acordos acadados hoxe como “grandes avances tanto para o progreso económico da cidade como para a súa imaxe” e constatou “conseguiremos posicionar A Coruña como un dos referentes nacionais do turismo de congresos”.
O 8 de mar de 2021
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego e o responsable da área, Carlos García Touriñán, presentaron a Memoria 2020, que recolle un total de 1.504 intervencións Estrean un servizo de información en liña que estará activo as 24 horas e que informará a cidadanía das actuacións en tempo real
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible