Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2021

O Concello instalará unha área biosaudable na rúa San Diego

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que esta actuación busca pór en valor a zona do barrio da Cubela e que a intención do Goberno Local é a de dinamizar os barrios e dotalos de maiores servizos

O Concello, a través da Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, habilitará unha área biosaudable na rúa San Diego que incluirá un equipamento dirixido a que as persoas maiores poidan facer exercicio físico, unha área de estancia e a rehabilitación do Camiño da Cubela. 

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que esta actuación busca pór en valor a zona do barrio da Cubela e que a intención do Goberno Local é a de dinamizar os barrios e dotalos de maiores servizos, "que todos dispoñan dun espazo de lecer, así como garantir a accesibilidade de toda a veciñanza".

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, trasladou o proxecto, que responde a unha vella demanda veciñal, ás persoas representantes da Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros. Esta intervención, que se executará a través do Contrato de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade, sumarase ás áreas biosaudables xa instaladas na avenida de Cádiz, na praza da Tolerancia e nas Viviendas do Carme do barrio de Labañou. A actuación, nunha superficie total de 250 metros cadrados, inclúe a instalación de pluviais e a pavimentación da vía coñecida como `Camiño da Cubela´, así coma a instalación dunha zona de estancia con arborado e bancos.

O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, apuntou que "con esta intervención auméntanse os espazos peonís, instálase mobiliario urbano e increméntanse as zonas verdes, seguindo os obxectivos que fixa a Axenda 2030". O aumento das zonas de descanso "propiciará a convivencia entre as e os veciños nunha aposta por crear espazos públicos de calidade en que o cidadán sexa o verdadeiro protagonista", afirmou Villoslada no encontro cos representantes veciñais.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión