17 de novembro de 2020
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que esta semana instalouse unha marquesiña lateral, cun orzamento de 32.000 euros, para responder “as demandas dos pais e nais das crianzas que adestran e xogan nestes campos municipais” e asegurou que o proxecto xeral para instalar unha marquesiña de maior tamaño está a piques de saír a licitación por valor de 230.000 euros
O Concello, a través da Concellería de Deportes, investirá máis de 250.000 euros en mellorar os campos de fútbol de San Pedro de Visma. Esta semana instalouse unha marquesiña lateral para protexer da choiva e do sol as espectadoras e os espectadores que visitan estes campos municipais para desfrutaren dos partidos e adestramentos. Ademais, o Goberno local sacará a licitación o proxecto xeral para instalar unha marquesiña que protexerá gran parte do recinto, desde as bancadas aos corredores que dan aos vestiarios.
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que o Goberno que dirixe Inés Rey "escoitou as demandas dos pais e nais das crianzas que adestran e xogan nos campos de San Pedro de Visma e deulles esta solución, cun orzamento de 32.000 euros, que é un punto de partida para acabar de satisfacer as necesidades que cumprirá o proxecto xeral que está a piques de se sacar a licitación por un importe de 230.000 euros". Desde Deportes agardan que o proxecto se licite antes de que finalice o ano para que poida ser executado durante o primeiro semestre de 2021.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible