16 de abril de 2021
A alcaldesa anunciou a instalación dun parque saudable na praza Casares Quiroga durante a súa visita ás prazas recentemente reformadas Pintor Manuel Colmeiro e Isaac Díaz Pardo
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá a instalación dun parque biosaudable na praza Casares Quiroga durante a súa visita ás prazas Pintor Manuel Colmeiro e Isaac Díaz Pardo recentemente reformadas e que, segundo a rexedora, responden a un compromiso deste Goberno de poñer a punto todos os barrios da cidade e que conten cos equipamentos precisos para unha boa calidade de vida. Deste xeito, mellorouse a accesibilidade da zona tras a renovación de toda a contorna da avenida Pablo Picasso. Rey percorreu Elviña xunto á concelleira de Barrios, Diana Cabanas, o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e as veciñas e veciños, que lles achegaron as principais demandas para o barrio.
En concreto, xunto ás devanditas prazas tamén se actuou nas rúas Casares Quiroga e María Casares e mais se ampliou a área infantil da rúa Rafael Alberti. Rey afirmou que a mellora en Elviña foi significativa xa que "o barrio tiña os pavimentos moi deteriorados polo paso do tempo, o que lles impedía a total mobilidade a moitas e moitos veciños". En concreto, na praza Isaac Díaz Pardo reformáronse as escaleiras que conectan coa avenida Salgado Torres facéndoas accesibles para toda a veciñanza. Deste xeito, co firme seguro, garántese a vida social dunha zona en que se renovaron as beirarrúas, así como se reordenaron as zonas destinadas a aparcadoiros e as prazas para persoas de mobilidade reducida. Ademais, modificouse a pendente da calzada e mellorouse a rede de pluviais e a iluminación co fin de optimizar todos os servizos. Así mesmo, se instalaron novas sinais e elementos de vexetación.
Ás obras de Manuel Colmeiro, valoradas en 198.270 euros, sumánselles os máis de 186.920 euros do aparcadoiro da praza Isaac Díaz Pardo e a escaleira e os 50.430 euros do parque infantil das Paxariñas. Ademais, reformáronse as fachadas da escola infantil municipal Arela, por un importe de 120.500 euros, o que fai un total de máis de 556.120 euros investidos no barrio, que se completarán cos preto de 15.000 euros que custará o parque biosaudable.
13 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible