Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2021

O Concello inviste 300.000 euros na mellora da rede de pluviais de Juan Flórez

Até o día 15 haberá alteracións no tráfico rodado e suprimiranse prazas de aparcamento co fin de continuar coa mellora do saneamento do Ensanche, despois das actuacións na avenida de Rubine e en San Andrés/Santa Catalina

O Concello realiza estes días a renovación separativa da rede de pluviais na contorna de praza de Ourense e Juan Flórez, polo que a rúa Fontán quedará completamente cortada ao tráfico até o 15 de maio agás para a entrada a garaxes. Deste xeito, eliminaranse as prazas de aparcamento desta vía e outras dúas máis da praza de Ourense, na esquina coa rúa Padre Feijóo. A mellora do equipamento, orzamentada en preto de 300.000 euros, chegará até Juan Flórez, polo que os traballos afectarán tamén a Arcebispo Lago con Fernando González, en que seis prazas quedarán inutilizadas temporalmente. En Padre Feijóo, tamén se suprimirá un carril para o tráfico rodado.

O Goberno de Inés Rey pretende que a rede de saneamento estea en óptimas condicións en todos os barrios da cidade para conseguir unha diminución do caudal de pluviais que chega á Edar de Bens. No caso do Ensanche, esta actuación vén seguida da realizada na avenida de Rubine, cifrada en 80.000 euros, e San Andrés/Santa Catalina, de 242.000 euros.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión