Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2020

O concello iza a bandeira azul en todas as praias da cidade

A Concellería de Medio Ambiente, Esther Fontán, pídelle á veciñanza colaboración e responsabilidade ao visitar os areais, que este ano renovan as cinco insignias que recibiron no 2019 Desde hoxe o concello informa da capacidade das praias na web controlpraias.coruna.gal e un código QR, que está visible no paneis instalados nos areais

As praias da cidade locen de novo este verán cinco bandeiras azuis. Os areais de Riazor, Orzán-Matadoiro, As Lapas, Santo Amaro e Oza renovan a distinción que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). "Un distintivo que confirma algo que xa sabiamos e é que os nosos areais cumpren unha serie de criterios relativos á limpeza, á calidade de augas de baño que teñen a cualificación de excelentes e á accesibilidade", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, hoxe durante o acto protocolario de izado da bandeira azul en Riazor.

Fontán lembrou que estamos ante un verán atípico nas praias coruñesas onde se está a controlar a capacidade para que se manteña a distancia de seguridade de 1,5 metros e se utilice a máscara ao entrar nos areais, porque "é necesario reducir os riscos de  contaxios".  Ante o comportamento xeral da cidadanía, o concello confía en que sexa un verán tranquilo. "Non fixemos un camiño tan duro para estragalo agora todo", recalcou a concelleira.

Durante o acto, Fontán explicou que as praias contan cuns arcos de grande amplitude que levan incorporados uns sensores de paso que contabilizan as persoas que entran e saen dos areais e que levan conectado un semáforo para controlar a capacidade, que a sinaliza en tempo real en cada praia: a cor verde indica que hai espazo suficiente e vermella que a capacidade está completa. Instaláronse 11 puntos de control de accesos: 3 na praia de Riazor, 3 no Orzán, 2 en Matadoiro, 1 nas Lapas, 1 en Santo Amaro e 1 na praia de Oza.

O concello tamén informa en tempo real da capacidade das praias mediante uns paneis situados en distintos puntos da cidade, da web https://controlpraias.coruna.gal/ e un código QR. "Tratase de evitar que persoas que viven lonxe dos areais teñan que facer colas interminables unha vez que cheguen", explicou Fontán.

Tamén lle pide á veciñanza responsabilidade, colaboración e sentidiño ao visitar os areais "é importante que as persoas usuarias cumpran as normas" e lembrou que nas praias hai persoal para informar.

En canto á limpeza, nos areais levaranse a cabo labores de limpeza e desinfección das instalacións todos os días nas zonas comúns de aseos, duchas, accesos e pasarelas. Desde Medio Ambiente recoméndanlles ás persoas usuarias que obedezan as indicacións do persoal de control de accesos e do servizo de salvamento e socorrismo, e que leven consigo a súa bolsa de lixo cando abandonen o areal e que no tiren as cabichas ao chan.

Doutra banda, na Coiraza do Orzán hai un Centro de mando da Policía Local desde onde se coordinan os labores de información, que conta cun servizo de megafonía e un sistema de control de cámaras que non enfocan as persoas, só serven para controlar a capacidade das praias. Neste sentido, a responsable de Medio Ambiente tamén quixo facer especial fincapé en que a Policía Local "está para intervir nos casos en que algunha persoa incumpra de maneira reiterada as normas de seguridade".

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión