31 de xullo de 2020
A app, que permite saber en todo momento cal é a estación máis próxima e, mediante un código de cores, o seu estado de ocupación, está dispoñible para Android e IOS.
O concello, a través de EMVSA, acaba de pór en funcionamento unha aplicación móbil que lles permite ás persoas usuarias retiraren a bicicleta sen necesidade de introduciren a tarxeta de usuaria, o que evita o contacto físico cos lectores das estacións aparca-bicicletas. Ademais, esta aplicación permite coñecer en todo momento a estación máis próxima e, a través dun código de cores, e saber o seu estado de ocupación.
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que esta iniciativa forma parte das medidas adoptadas por EMVSA para mellorar o servizo de BiciCoruña nas circunstancias sanitarias actuais.
Ademais de retirar a bicicleta, a app permítelles ás persoas usuarias comprobaren, en tempo real, o número de bicicletas e postos de estacionamento libres e dispoñibles que hai en cada estación. Así, poderán ir á estación máis próxima e solicitar "Retirar bici", escoller a que queiran e confirmar ao instante a operación. Ao devolver a bicicleta, non terán que facer nada na app, tan só deben comprobar que se colocou correctamente no seu lugar.
Na aplicación, cada estación identificarase con dous símbolos, o dunha bicicleta e un P(postos de ancoraxe libres). Se nunha estación aparecen os dous símbolos en cor verde significa que están dispoñibles, cando menos, 4 bicicletas e 4 puntos de estacionamento. Se algún dos símbolos estiver en cor amarela ou laranxa, implicará, respectivamente, que quedan menos de 4 bicicletas libres e menos de 4 postos para deixar a bici. Para poder utilizar a app, só cómpre descargala e aceptar os permisos correspondentes. É compatible con Android, a partir da versión SDK18-Android 4.3 e tamén con IOS, a partir da versión 8.0.
O nome da persoa usuaria e o contrasinal para acceder á aplicación é o mesmo que o que a persoa escolleu cando se deu de alta no servizo. Caso de non os lembrar, poderá solicitar un novo contrasinal ou recuperalo en contacto@bicicoruna.es
Para calquera dúbida, os teléfonos gratuítos de atención á clientela son: 981 910 460 e 900 814 440.
Deportes
10 resultados
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
O 6 de feb de 2024
O campo quedará terminado esta semana e desde o sábado poderanse xogar alí os primeiros partidos
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible