19 de noviembre de 2020
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, explicou que a iniciativa pon o foco na violencia que se exerce sobre as mulleres, en especial na Internet e nas redes sociais
Ti decides" é o lema da campaña que o Concello da Coruña, a través da Concellería de Benestar Social, pon en marcha con motivo da celebración o próximo 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O obxectivo: concienciar a xuventude sobre a violencia sexual, unha das manifestacións máis duras da violencia de xénero, e sobre o seu dereito a acceder a unha información axeitada para abordar as relacións sexuais.
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que Internet e as redes sociais propiciaron novas formas de maltrato cara ás mulleres cada vez a idades máis temperás. Neste senso, Neira quixo incidir na falta de información sexual que existe nestes momentos entre unha xuventude que constrúe parte das súas relacións sexuais a través da Internet, as redes sociais e a pornografía con todo o que iso significa, e onde se cousifica a muller, e onde a muller se converte nun obxecto para ser aceptada", dixo.
Con todo, subliña, Internet e as redes sociais poden constituír una boa ferramenta para sensibilizar sobre a importancia de evitar ou rexeitar contidos ou relacións sexuais daniñas, e sobre a necesidade de que as relacións se baseen no respecto e na igualdade.
Fomentar a reflexión a nivel persoal e colectivo da adolescencia fronte a violencia sexual e transmitir a importancia de estar ben informadas/os son os obxectivos dunha campaña feita para as redes e que xira entorno á presenza de referentes para a xuventude como son os instagramers e tik tokers. "A experiencia ensinounos que cando queremos chegar a un público concreto debemos facelo a través dos seus iguais, dos seus referentes", dixo Neira.
Trátase dunha campaña para eliminar estereotipos e ideas sexistas que circulan polas redes e que constitúen a esencia da violencia de xénero como son o dominio, o control, e o maltrato físico y psicolóxico do home sobre a muller. "Quérese incidir na idea de que unha relación sexual debe ser libre, consciente, consentida e igualitaria e que é a mocidade quen decide, por iso o lema elixido.", explicou Neira.
A campaña distribuirase fundamentalmente en redes sociais (Instagram e Tik Tok) e apoiarase nun circuíto de 25 mupis pola cidade, en vídeos das e dos influencers e instagramers @rebecastones, @bertocuerdo, @blondiemuser, e no reparto de 4.000 flyers con mensaxes diferenciadas dirixidas ás e aos adolescentes. A concelleira explicou que nas mensaxes ás rapazas se incíde no feito de que "deben de ser elas as que decidan cando, como, e con que manteñen relacións sexuais", mentres que no caso dos rapaces se busca a súa complicidade con palabras como "escoitala, respectala, empatiza coas súas emocións".
Ao longo da campaña repartirase material divulgativo nos centros de Secundaria e Formación Profesional, e nos coñecidos como puntos violetas do Pacto Social por unha Coruña Libre de Violencias Machistas proporcionarase información da campaña e das distintas actividades e actuacións que o concello leva a cabo. Os puntos situaranse desde o luns 23 ata o venres 27 en distintos puntos da cidade, entre eles, as facultades de Ciencias da Educación e de Dereito.
O programa de actividades e actuacións relacionadas coa campaña inclúe tamén a posta en marcha do curso básico "Igualdade e prevención das violencias machistas", que na modalidade en liña se está a realizando este mes e o próximo e que, debido á alta demanda, o Concello valora en ampliar a dúas edicións máis.
A concelleira tamén anunciou que, no marco do proxecto artístico Puertas, a alcaldesa, Inés Rey, inaugurará o día 25 a porta dedicada a María Judite, muller asasinada na cidade o 18 de xullo de 2018. Puertas, dixo Neira, busca chamar a atención da sociedade cara situacións cotiás que ocultan maltrato ou desigualdade de xénero e reivindicar o recordo das vítimas. No ano 2018 por cada asasinato machista, enviouse unha porta a unha ou a un artista que foi empregada como soporte para crear a súa obra.
12 resultados
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
El 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
El 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
El 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible