Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de agosto de 2020

O Concello lanza novos talleres formativos gratuítos para persoas emprendedoras e empresarias

As persoas interesadas nestes cursos, que se impartirán en liña desde setembro até decembro, xa se poden inscribir no portal web municipal: https://www.coruna.gal/empresa/gl/formacion-empresarial

A Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo pon en marcha novos talleres formativos e gratuítos dirixidos tanto a persoas emprendedoras que queiran poñer en marcha a súa idea de negocio como a persoas traballadoras autónomas, comerciantes e empresariado en xeral.

Esta iniciativa vén a complementar as distintas actuacións que está desenvolvendo o Concello da Coruña a través do Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO), de apoio a autónomos/ as e micropemes.

O obxectivo xeral destes talleres é facilitar ás persoas emprendedoras e promotoras de pequenas iniciativas empresariais e a aquelas que xa teñen en marcha a súa empresa os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver e consolidar a súa idea de negocio, apoiando desta maneira a creación e mantemento de iniciativas emprendedoras e de emprendemento na cidade da Coruña.

Trátase de talleres formativos de carácter gratuíto e de curta duración que se impartirán en liña entre os meses de setembro e decembro, e que se agrupan en cinco bloques temáticos. Así, os talleres previstos son os seguintes:

Área de creación e desenvolvemento de proxectos empresariais:

- Claves para deseñar un modelo de negocio economicamente viable (8 horas). Inicio previsto: 10 de setembro

- Emprender proxectos en liña (10 horas). Inicio previsto: 17 de setembro

- Elaboración de estudos de mercado (6 horas). Inicio previsto: 22 de setembro

- Elaboración do plan de empresa (15 horas). Inicio previsto: 24 de setembro

Área de comunicación:

- Como presentar o teu proxecto en público (8 horas). Inicio previsto: 1 de outubro

- Estratexias para captar novos clientes (8 horas). Inicio previsto: 22 de outubro

- Resolución de conflitos con clientes (8 horas). Inicio previsto: 29 de outubro

Área de administración e xestión de empresas:

- Fiscalidade básica para emprendedores (8 horas). Inicio previsto: 13 de outubro

- Introdución á contratación pública. A plataforma de contratación do sector público (10 horas). Inicio previsto: 12 de novembro

- Que teño que saber para a miña empresa cumpra coa Lei orgánica de protección de datos (8 horas). Inicio previsto: 26 de novembro

- Contratación laboral, básico (8 horas). Inicio previsto: 1 de decembro

Área de novas tecnoloxías:

-  Ciberseguridade na empresa (7 horas). Inicio previsto: 8 de outubro

- Ferramentas de Google para emprendedores e empresas (10 horas). Inicio previsto: 27 de outubro

- Certificado dixital para pemes e autónomos (4 horas). Inicio previsto: 24 de novembro

Área de idiomas:

- Chinés, primeiros pasos (6 horas). Inicio previsto: 20 de outubro

- Inglés comercial básico (10 horas). Inicio previsto: 3 de novembro

- Inglés comercial medio (15 horas). Inicio previsto: 17 de novembro

- Alemán comercial básico (10 horas). Inicio previsto: 19 de novembro

As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Ademais, as persoas participantes que realicen as tarefas propostas e superen os exercicios de avaliación recibirán un diploma acreditativo da realización de cada un dos talleres.

O prazo de inscrición xa está aberto. As persoas interesadas poden inscribirse desde a web: https://www.coruna.gal/empresa/gl/formacion-empresarial

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión