Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2020

O concello licita a concesión de 32 postos nos mercados municipais

A Xunta de Goberno Local acordou na sesión desta mañá declarar de urxencia todos os expedientes e contratación dos proxectos de EdusiCoruña

A Xunta de Goberno Local acordou na sesión desta mañá aprobar o expediente de licitación para a concesión de 32 postos nos mercados municipais de uso privativo de 15 anos de duración, prorrogables por outros dez máis co fin de favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas, das que padecen algún tipo de minusvalía e das mulleres. A adxudicación dos postos será a través dun procedemento aberto con pluralidade de criterios de valoración como a forma de licitación, ao amparo do que se establece nos artigos 150 e do 156 ao 158 da LCSP, e con respecto ás cláusulas administrativas particulares e técnicas que os rexerán.

En concreto, estarán dispoñibles catro expositores no mercado de Palavea (un de froitas e verduras, un de peixe, un de comestibles e cantina e un de carnicería); un de "demais artigos", no de Ramón Cabanillas; 1 de peixe, no de Elviña; 12, en San Agustín (4 de froitas e verduras, 2 de comestibles e cantina, 2 de queixos e ovos, 2 de aves e 2 de peixe); e 14, na praza de Lugo (5 de comestibles e cantina, 5 de peixe, 1 de "demais artigos", 2 de carnicería e 1 de aves). Segundo a concelleira Esther Fontán, "cómpre dinamizar economicamente un sector que nesta pandemia está demostrando a súa profesionalidade, capacidade e experiencia, que nos puxo ao noso alcance produtos de gran calidade para levar ás nosas mesas en momentos realmente difíciles". A edila sinala que "as e os vendedores xogaron un papel clave para que as prazas nunca estiveren desabastecidas".

Tamén aprobaron hoxe a declaración de urxencia para todos os expedientes de contratación dos proxectos incorporados en operacións EDUSI da Coruña, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixe 12 do POPE cun coeficiente de cofinanciamento do FEDER do 80%, co fin de axilizar ao máximo a súa tramitación.

Por outra banda, ratificaron a Operación EDUSI LA 10-OP10.1, denominada "Plataforma web-Ferramenta Integral de Información Turística e de Mobilidade en liña-Smart Destination (aplicación SmartCity)", correspondente á Estratexia EidusCoruña, que ten competencias en materia de Turismo e que foi aprobada o 14 de maio polo coordinador xeral municipal, na súa calidade de director da UdX da EidusCoruña. Trátase do desenvolvemento de ferramentas TIC para o estudo e análise da mobilidade específica de turistas e de visitantes na cidade.

Ademais, déronlle luz verde á contratación do servizo para o desenvolvemento, soporte e mantemento da plataforma de B.I. (Business Intelligence), cun investimento de 220.000 euros (IVE incluído), con cargo á aplicación 20.9239.227.46 do orzamento municipal. Este mecanismo permitirá crear cadros de mando orientados principalmente a dirixir as distintas áreas municipais, dos que se poderá extraer información de distintas bases de datos, como, por exemplo, da recollida de lixo ou BiciCoruña, para comprobar a calidade dos servizos e confirmar que se axustan aos requisitos dos contratos.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión