Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de marzo de 2021

O Concello mellora a seguridade peonil no cruzamento da rúa Sol

Mobilidade gaña espazos para que as persoas viandantes poidan camiñar máis seguras e facilitar o xiro do bus urbano nesta vía

O Concello mellora a seguridade peonil no cruzamento da rúa San Andrés coa rúa Sol. A medida, que ten como obxectivo gañar espazo para que as persoas viandantes poidan camiñar con máis seguridade e facilitar o xiro do bus, consiste na reordenación dos contedores de lixo e o traslado de dúas prazas de aparcamento de residentes na marxe esquerda da rúa Sol. A Área de Mobilidade recuperou hai un mes a parada do bus neste cruzamento e eliminou o xiro á esquerda que conecta San Andrés coa rúa Alta, unha manobra que poñía en perigo a seguridade das persoas viandantes e retardaba a circulación nesta vía da cidade.

O Concello optou por recuperar o xiro na rúa Sol, que se eliminou hai dous mandatos cando se reformou San Andrés, como resposta ás demandas de comerciantes, praceiras e praceiros do mercado de San Agustín, e da veciñanza, xa que deste xeito as liñas de bus poden chegar até a contorna da praza de abastos e mellórase a accesibilidade a esta zona. Desde que se puxo en marcha esta actuación, a Compañía de Tranvías detectou unha maior axilidade na frecuencia das liñas que circulan por esta vía (liñas 4, 6, 6A e 11).

Para o edil de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, a actuación supuxo unha importante mellora para as persoas usuarias. "É unha actuación para conseguirmos unha mobilidade máis segura e impulsarmos o uso do transporte público".

Noticias de A. G. Concejalías - Mandato 2019-2023

14 resultados

ver más

Busca en nuestra hemeroteca de AG ...

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión