Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2021

O Concello obterá unha parcela verde de 3.500 metros cadrados de uso público a carón da ría do Burgo

Na sesión de hoxe, aprobouse a licitación da concesión para reformar integralmente o Copacabana, e adxudicóuselle a Gadisa a concesión do baixo do mercado de San Agustín por un prazo de 30 anos

A Xunta de Goberno local autorizou hoxe o proxecto de equidistribución necesario para desenvolver o polígono no ámbito RB9 "Estrada do Burgo III", que lle permitirá ao Concello obter unha zona verde de grandes dimensións na contorna da ría; unha zona verde de 3.441 m2, o 85% da superficie total. Trátase dun polígono situado ao sur da Ponte da Pasaxe cunha edificabilidade de 0.38m2/m2. Grazas a esta actuación recupérase para a cidadanía unha importante franxa do bordo litoral.

Por outra banda, tal e como xa anunciou onte o concelleiro de Facenda, José Manuel Lage, aprobouse a licitación da concesión para reformar integralmente o Copacabana, que contribuirá a revitalizar os xardíns de Méndez Núñez. A nova concesión será por un prazo de 30 anos e un canon mínimo de 795.770 euros por todo o tempo da concesión. O novo Copacabana terá como mínimo 9 persoas empregadas. Desas prazas, unha resérvase para persoas con discapacidade e das oito restantes, polo menos o 50% deberán ocupalas mulleres, segundo a liña de igualdade de xénero fixada polo Goberno de Inés Rey tamén nos seus criterios de contratación.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou hoxe continuar coa tramitación do procedemento de adxudicación do contrato de servizo de recollida e transporte de residuos urbanos da cidade coa mercantil CESPA S.A., despois de tomar coñecemento da resolución do TACGal, que desestimou o recurso interposto pola UTE COPASA-GESECO contra o acordo de exclusión da súa oferta. Tamén rexeitou o recurso presentado pola UTE Valoriza Servicios Ambientales y Arias Infraestructuras SA contra a adxudicación do lote 2 a Cespa (Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares SA).

Doutra banda, a Xunta de Goberno local aprobou hoxe de xeito inicial o documento denominado "Estudo de detalle para ordenación de volumes do edificio Centro de Investigación Tecnolóxica da Información e das Comunicacións (CITIC), situado no Campus de Elviña. Decembro 2020", promovido pola Universidade da Coruña. Os traballos consisten na ampliación do edificio do CITIC, que se realizará no patio entre ambos os edificios existentes e requirirá a demolición previa dunha edificación de 48,74 m2 de superficie. O novo edifico terá unha superficie en planta de 227,29 m2, e supón un incremento de volume de 428,52 m3.

Na mesma sesión autorizouse o cambio de sistema de actuación na Área de plan incorporado M48 "O Carón" na Zapateira de compensación ao sistema de cooperación. Deste xeito, o Goberno local cambia neste ámbito o sistema de actuación de iniciativa privada a iniciativa pública para poder resolver un problema urbanístico que leva años sen solución e poder deste xeito terminar a urbanización da zona.

Ademais, adxudicóuselle hoxe a concesión do uso do baixo do mercado de San Agustín ao grupo empresarial Gadisa por un prazo de 30 anos e un importe de 4,2 millóns de euros. Gadisa aumentou en 1,37 millóns de euros o importe mínimo da concesión, establecido en 2,82 millóns de euros. O canón será de 210.000 euros anuais. A empresa realizará a reforma dos aseos públicos, a reparación da estrutura e o acondicionamento do local por un importe de 3.705.071 euros. A concesionaria terá un prazo de oito meses para executar os traballos unha vez que se lle outorguen as licenzas. Os pregos recollen que a empresa deberá contratar 35 persoas con carácter fixo ao longo da concesión, a 3 persoas a xornada completas e a 4 persoas a media xornada. Ademais, Gadisa comprométese a que o volume de produtos frescos de proximidade á venda alcance o 60%.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión