Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de abril de 2020

O concello ofrece un servizo gratuíto de mediación de conflitos derivados da situación de confinamento

En colaboración coa asociación CIMEGA, as e os coruñeses poderán resolver de forma confidencial problemas de carácter persoal, veciñal ou laboral, a través de persoas mediadoras deste colectivo, que as/os atenderán no teléfono 010

A Concellería de Benestar Social pon en marcha, en colaboración coa asociación Círculo de Mediación de Galicia (CIMEGA), un servizo telefónico gratuíto de mediación de conflitos derivados da situación de confinamento. Por mor da crise orixinada pola pandemia do Covid-19 e do estado de alarma decretado polo Goberno, as persoas están sufrindo cambios nas súas relacións persoais, familiares, veciñais, laborais e empresariais que xeran problemas na convivencia e que dificilmente se poderán resolver, se non é mediante mecanismos alternativos. 

O servizo é totalmente confidencial e non ten custo ningún. Prestarano persoas mediadoras asociadas a CIMEGA, que contribuirán desinteresadamente na atención dos conflitos que se produzan durante a crise sanitaria.

Poderanse tratar desde disputas no ámbito doméstico entre familiares ou entre nais e pais separados das súas fillas e fillos até posibles discusións dentro das comunidades de veciñas/os ou entre particulares, pero tamén no eido laboral e empresarial. Esta nova alternativa xestionarase a través do teléfono de información 010

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión