Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de abril de 2021

O Concello peonaliza definitivamente Monte das Moas coa mellora dos equipamentos públicos e a accesibilidade da rúa

A alcaldesa, Inés Rey, destacou que é a primeira vía que se consolida como peonil tras unha actuación que repercutirá no benestar das veciñas e veciños do Castrillón e dos Castros e que garantirá a súa seguridade, en especial a da cativada que acode a diario ao CEIP Anxo da Garda

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe a peonalización definitiva da rúa Monte das Moas, que irá parella a unha reforma desta vía co fin de mellorar a calidade de vida deste espazo público recuperado para a cidadanía. Rey recordou que a actuación responde a unha petición que formalizou no seu momento a Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros e que entra dentro da mellora das contornas escolares, de cara a garantir a seguridade das nenas e nenos, neste caso, as/os do CEIP Anxo da Garda. A rexedora destacou que se manterán en Monte das Moas as beirarrúas existentes que se colocaron recentemente e que se elevará a calzada de formigón en dúas cores. Ademais, nesa idea de favorecer o paseo e o día a día nos barrios da cidade, instalaranse zonas de vexetación, que incluirán árbores. Esta mellora completarase con novo mobiliario no que será "a primeira peonalización provisional que se consolida tras un acondicionamento que repercutirá no benestar da veciñanza do Castrillón e dos Castros".

Neste barrio, o Concello investiu máis dun millón de euros en obras como a renovación da praza da Concordia e a reforma da parada de bus para facela accesible, así como en melloras da iluminación e da rede de pluviais, a humanización de Rafael Bárez e os arranxos que se acometeron na escola infantil Carricanta. Está previsto tamén acondicionar o espazo libre de Fariña Ferreño e urbanizar a praza que se sitúa entre a rúa José María Hernansáez e a avenida da Concordia, coa conseguinte posta a punto de José María Hernansáez. Esta última e mais as escaleiras da praza Pablo Iglesias son outros dos proxecto con cargo ás bolsas de conservación.

Coa peonalización definitiva de Monte das Moas, o tramo que transcorre da avenida da Concordia á rúa Ángela Blanca Soto non soportará a circulación de vehículos, agás a dos destinados á carga e descarga, que poderán transitala até as once da mañá, tal e como se autoriza nas demais rúas peonís da cidade. A intención do Goberno local é facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que toda a cidade dispoña de equipamentos básicos "nunha continua migración da mobilidade actual a unha máis branda, cunha mellor eficacia do transporte público que reverta nunha maior conectividade e crear itinerarios que faciliten a utilización de vehículos brandos e mais o tránsito a pé". Estes traballos forman parte dunha serie de intervencións de peonalización dentro do plan Coruña Camiña, cun grande eixe como a rolda peonil que conectará a Agra con San Diego. Para este proxecto, xa se gañaron 700 metros para a cidadanía e están en proxecto 450 metros máis.

Noticias de A. G. Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

Relacións institucionais, Turismo e Seguridade Ciudadá

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión