Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2021

O Concello plantou preto de 800 árbores desde que puxo en marcha o Plan de recuperación das zonas verdes

Con motivo da celebración o domingo do Día da Árbore, a alcaldesa, Inés Rey, participou na plantación dun abeto con escolares da Sagrada Familia, unha iniciativa que se estenderá a todos os barrios da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o Concello leva plantadas preto de 800 árbores desde que se iniciou o Plan de recuperación e expansión do arboredo da cidade. Este proxecto inclúe un exame da situación actual das árbores da cidade, sobre todo daquelas que son especies protexidas. Deste xeito, a vindeira semana comezará o tratamento das palmeiras dos Xardíns de Méndez Núñez contra o escaravello bicudo vermello.

O concello ten previsto plantar máis de 100  árbores na primeira fase da rolda de Outeiro, entre a avenida de Pérez Ardá e a estación do tren. Tamén se plantaron novos exemplares na Mariña e nestes momentos estanse a plantar case 20 árbores na praza Pintor Manuel Colmeiro.

Con motivo da celebración o domingo do Día da Árbore, a alcaldesa e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, participaron esta mañá na plantación dun abeto de Nadal xunto ás nenas e aos nenos dos CEIP Sagrada Familia e Rosalía de Castro.

Esta iniciativa, explicou a rexedora, estenderase a todos os barrios da cidade, onde o resto das concelleiras e concelleiros plantarán abetos co alumnado dos distintos centros educativos. O obxectivo desta actuación, que forma parte do proxecto de educación ambiental da Concellaría de Medio Ambiente, é concienciar as nenas e os nenos da importancia das árbores e de coidar a natureza. "Sodes as e os axentes do cambio, as e os protagonistas dun futuro máis sustentable", dixo Rey.

No encontro coa rapazada, a alcaldesa destacou o compromiso do Goberno local coa defensa do medio "combinando a nosa aposta por acadar unha cidade máis sustentable coa educación e recoñecendo o labor que desenvolven desde hai anos as comunidade educativas dos CEIP para formaren estudantado respectuoso coa natureza e concienciado coa necesidade de traballar pola sustentabilidade do planeta".  O lugar elixido, explicou, representa como as políticas educativas e culturais desenvoltas polo Goberno local son capaces de mellorar a vida das persoas, en especial da cativada, e de lles brindar a oportunidade de medraren aprendendo no seu barrio.

Ao finalizar a plantación, a rexedora entregoulles ás e aos representantes de cada centro educativo unha pequena pa coa que a rapazada axudou a plantar a árbore e anuncioulles que nos vindeiros días colocarase xunto ao abeto un pequeno monólito para lembrar a data e o obxecto desa árbore.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión