Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de enero de 2021

O Concello propón a Xosé Alfeirán como experto na comisión que determinará os usos do pazo de Meirás

A Dirección Xeral de Patrimonio do Estado comprometeuse a abrir o exterior do pazo este mes e a facer accesible o seu interior para visitas a partir do 15 de marzo, unha vez que acondicione o espazo

Hoxe tivo lugar a comisión de seguimento telemática entre a Secretaría do Estado, a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, coa presenza do concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín; a Deputación e mais o Concello de Sada para abordaren os usos e a xestión do pazo de Meirás, tras a recente sentenza en que se lle devolveu este Ben de Interese Cultural ao patrimonio público. A Dirección Xeral de Patrimonio do Estado comprometeuse a abrir o exterior do pazo neste mes de xaneiro e a que o interior do edificio sexa accesible para a veciñanza a partir do 15 de marzo, unha vez que se acondicione para tal fin. Na xuntanza, as diferentes administracións propuxeron o nomeamento por parte de cada unha delas dunha persoa experta para formaren un equipo que ditaminará os usos públicos do inmoble. Neste punto, o Concello propuxo como representante o historiador Xosé Alfeirán, neste momento alto inspector de Educación. As administracións implicadas asinarán un convenio de colaboración, en que se determinarán as competencias de cada unha delas no proceso de recuperación do uso público da propiedade.

Por outra banda, o Concello lembra que está elaborando a demanda para recuperar a Casa Cornide tras recibir os informes histórico-artísticos solicitados nos que se pon de manifesto que a familia Franco se fixo con esta propiedade pública dunha forma non axeitada. Ademais, o Concello xa instou á Xunta a que declare este edificio como Ben de Interese Cultural (BIC) ao entender que a Casa Cornide conta con características tanto históricas como artísticas que a definen como arquitectura senlleira, e que polo tanto debe formar parte do patrimonio galego con todas as máximas proteccións.

Noticias de A. G. Concejalías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver más

Busca en nuestra hemeroteca de AG ...

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión