19 de xaneiro de 2021
A Dirección Xeral de Patrimonio do Estado comprometeuse a abrir o exterior do pazo este mes e a facer accesible o seu interior para visitas a partir do 15 de marzo, unha vez que acondicione o espazo
Hoxe tivo lugar a comisión de seguimento telemática entre a Secretaría do Estado, a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, coa presenza do concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín; a Deputación e mais o Concello de Sada para abordaren os usos e a xestión do pazo de Meirás, tras a recente sentenza en que se lle devolveu este Ben de Interese Cultural ao patrimonio público. A Dirección Xeral de Patrimonio do Estado comprometeuse a abrir o exterior do pazo neste mes de xaneiro e a que o interior do edificio sexa accesible para a veciñanza a partir do 15 de marzo, unha vez que se acondicione para tal fin. Na xuntanza, as diferentes administracións propuxeron o nomeamento por parte de cada unha delas dunha persoa experta para formaren un equipo que ditaminará os usos públicos do inmoble. Neste punto, o Concello propuxo como representante o historiador Xosé Alfeirán, neste momento alto inspector de Educación. As administracións implicadas asinarán un convenio de colaboración, en que se determinarán as competencias de cada unha delas no proceso de recuperación do uso público da propiedade.
Por outra banda, o Concello lembra que está elaborando a demanda para recuperar a Casa Cornide tras recibir os informes histórico-artísticos solicitados nos que se pon de manifesto que a familia Franco se fixo con esta propiedade pública dunha forma non axeitada. Ademais, o Concello xa instou á Xunta a que declare este edificio como Ben de Interese Cultural (BIC) ao entender que a Casa Cornide conta con características tanto históricas como artísticas que a definen como arquitectura senlleira, e que polo tanto debe formar parte do patrimonio galego con todas as máximas proteccións.
Economía, Facenda e Réxime interior
14 resultados
O 16 de abr de 2021
José Manuel Lage: “Estamos a traballar para obter máis recursos que sumarmos ao financiamento do plan”
O 17 de mar de 2021
Os peches de actividades e o confinamento supuxeron unha merma de 8 millóns de euros na suma de todas as taxas Os ingresos totais do Concello quedaron en 22,1 millóns de euros por debaixo do previsto
O 15 de mar de 2021
José Manuel Lage Tuñas: “A diferenza do que pasaba até hai ben pouco neste Concello, hoxe todos os contratos, tantos os grandes concursos como os menores, son públicos e calquera pode consultalos”
O 10 de mar de 2021
A maquinaria deixou de funcionar a principios de 2020 e necesitouse renovar moitas das pezas danadas polo paso do tempo. Pasaron xa 20 anos desde a última reforma da súa maquinaria
O 9 de mar de 2021
“Poremos orde en 40 contratos ata agora dispersos e, a diferenza do que aconteceu nos últimos anos, empregaremos criterios cualitativos para atallar a precariedade no sector”, sinalou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage
O 28 de feb de 2021
O voceiro municipal recordou que o anterior PRESCO foi o primeiro plan destas características aprobado en Galicia, do que se beneficiaron 4.351 persoas autónomas e micropemes
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible