Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2020

O Concello recoñece o esforzo e traballo das rapazas e rapaces coruñeses coas mellores notas nas probas ABAU

Inés Rey animou ao alumnado a gozar da súa etapa universitaria

.-  A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe no salón de Plenos de María Pita as nove alumnas e alumnos coruñeses co mellor expediente nas probas ABAU co fin de recoñecer o seu esforzo e o seu traballo durante este curso marcado pola pandemia COVID-19. O alumnado, acompañado no acto por familiares e profesorado, recibiu un obsequio que lle foi entregado pola rexedora.

Inés Rey lembroulles que serán a xeración que realizou a  ABAU post pandemia, a que non puido finalizar os seus estudos de segundo de Bacharelato nunha situación normal, pero tamén "a xeración que saberá o que é pasar momentos difíciles e o necesario que é esforzarse, non só de maneira individual, senón tamén en grupo para asumir os retos que temos por diante", dixo.

"Seredes a xeración que poderedes contar que, a pesar da pandemia, do confinamento e dos falecidos, fomos capaces de saír xuntos,  e seremos capaces de seguir traballando para saír desta crise que estamos a vivir". Animoulles a seguir esforzándose e formarse e, como non, a gozar da súa etapa universitaria. E, por último,  pediulles que, unha vez que finalicen os seus estudos, regresen á A Coruña, e  traballen con todo o seu talento para a cidade.

Así, a alcaldesa sinalou a obrigación das administracións de fomentar e favorecer o talento para que despois redunde no beneficio da cidade e confía en que "o voso futuro estea na cidade".

Tamén lles agradeceu ás nais e aos pais e ao profesorado o seu labor no éxito acadado polo alumnado, e quixo destacar de maneira especial o papel das mestras e dos mestres "aos que non hai que que esquecer", finalizou.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión