Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2021

O Concello reforza a limpeza nos mercados municipais a partir do luns

As concellerías de Mercados e Medio Ambiente anuncian que se amplían as medidas de desinfección que xa se adoptaron ao inicio da pandemia para garantir a seguridade sanitaria da cidadanía, ante o aumento de positivos na cidade

O Concello, a través das concellerías de Mercados e Medio Ambiente, reforzará os labores de limpeza e desinfección en todos os mercados municipais da cidade a partir do luns. O Concello adopta esta medida ante a preocupante taxa de positividade de COVID19 na área sanitaria, e tendo en conta a importancia que os nosos mercados teñen no abastecemento dos fogares das coruñesas e dos coruñeses, converténdose nun lugar de gran afluencia de persoas.

Aínda que xa contan coas medidas adecuadas para protexer ás persoas clientes e protexerse a si mesmos contra o virus, o Concello entende necesario incrementar o servizo de limpeza atendendo  ao aumento de positivos na cidade co fin de extremar a seguridade sanitaria

A concelleira de Mercados, Diana Cabanas, subliñou "o gran coidado e profesionalidade que as praceiras e os praceiros poñen no seu traballo diario, pero na actual situación reforzar a seguridade daralles máis tranquilidade á veciñanza para que sigan realizando as súas compras alí onde sempre atopan e calidade que demandan".

"Desde os inicios da pandemia se algo quedou claro é a preocupación da nosa alcaldesa, Inés Rey, pola seguridade sanitaria, pola calidade de vida e a tranquilidade da veciñanza; desde a concellería de Medio Ambiente non facemos outra cousa que poñer os mecanismos necesarios para que ese obxectivo cúmprase", engade a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

Por todo iso, o Concello ven de deseñar un plan de reforzo de limpeza que se porá en servizo a partir da próxima semana. Deste xeito todos os luns, mentres se manteña esta situación de alta positividade, desde as 15.00 ata as 18.30 horas, dous equipos de limpeza realizarán ditas labores de reforzo do servizo diario que xa atende o mantemento dos mercados:

15.00 horas - Mercados de Santo Agostiño  e Durmideiras.

16.00 horas - Mercados de Monte Alto, Palavea, e Ramón Cabanillas.

17.30 horas - Mercado de Eusebio da Garda

18.00 horas - Mercado de Elviña.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

15 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión